PROGRAMANDO DENDE A CASA 6

O día de hoxe imos ver unha ferramenta moi importante, xa que estamos a falar da ferramenta principal de desprazamento da maquina, se, efectivamente estamos a falar dos motores.

Como podemos ver na imaxe anterior, estes motores van encaixados ás rodas e por medio duns cables estarán conectados á placa principal de funcionamento que lles proporcionase enerxía por medio dunhas pilas.

Agora é momento de ver os nosos motores, no software no cal programamos.



Como podemos ver na imaxe anterior, estes motores van encaixados ás rodas e por medio duns cables estarán conectados á placa principal de funcionamento que lles proporcionase enerxía por medio dunhas pilas.

Agora é momento de ver os nosos motores, no software no cal programamos.

Se nos fixamos na imaxe podemos ver como no apartado de acción atopamos un numero amplo de opcións. Cada unha destas desenvolven unha función xa sexa como mover unha roda soa cunha potencia especifica durante un tempo concreto, ou as dúas se é necesario. Dependendo da necesidade da nosa programación



Estes bloques de accións, como o seu nome indica empregámolos basicamente para mandar ordenes de acción ao noso equipo. Imos ver un exemplo moi básico para entender como funciona.


Agora imos e explicar o exemplo anterior, detalladamente.

Primeiro empezamos cun sinal de inicio como facemos sempre despois creamos un evento no cal a secuencia que está dentro deste evento vai repetir 5 como indica. E agora imos coas accións novas, se nos fixamos vemos, descríbenos a acción que vai ocorrer, así como a potencia, o tempo de duración en cada un deles. E a última acción da programación de exemplo é un pouco peculiar, respecto das anteriores, xa que se nos fixamos dános a opción de elixir o tipo de desprazamento, así como a potencia, pero non ten unha duración de acción concreta por este motivo empregamos unha acción encadeada co mando de para.


E despois de todo este proceso de accións iniciaríase a secuencia de novo ata que se complementen 5 ciclos desta programación, cando isto ocorra o noso robot quedaría no sitio estático ata que lle deamos novas ordes.

E así acabaría a nosa explicación de hoxe, pero isto non queda aquí, non vos perdades a seguinte publicación, xa que aprenderemos a fusionar varias opcións novas do noso robot.

Ata os próxima programadores!

Comentarios