PROGRAMANDO DENDE A CASA 2

os contidos de cada unha destas.
Como xa mencionamos no post anterior temos que dirixirnos a paxina que nos vai a dar as ferramentas. Facemos clic onde pon ¨create in the browser¨, desta maneira non teremos que descargar ningún software no ordenador e poderemos traballar en liña.
O primeiro que vemos na pantalla do inicio son as opcións de programacións dos equipos. Se observades, onde pon dispositivos podemos engadir mais, pois imos dar nel e seleccionamos mbot, xa que é o dispositivo de programación mais común que podemos atopar no mercado.

Como
podedes observar, despois de seleccionar o robot mbot, temos novas
opcións no lateral dereito, isto indica que temos a ferramentas
adecuadas para empezar as nosas programacións, non obstante primeiro
imos falar das mesmas xa que é necesario ter mor de cada una delas nos
seguintes pasos.

No apartado de eventos pódense ver diferentes opcións, cada una delas actúan directamente sobre o noso robot dando una orde, normalmente sempre é para iniciar a nosa programación.
Tamén podemos ver outras opcións das mais destacadas como é o apartado de control, este sirve especialmente para crear rutinas de comportamentos, como pode ser que a nosa maquina faga una tarefa certo numero de veces ou cando saber que o robot ten que acabar de executar unha orde.


Imos ver a ultima ferramenta para a nosa primeira tarefa, esta ferramenta chamase accións, esta ferramenta como o seu nome indica, podemos darlle accións ao noso robot, xa sexa como parar andar ou dar marcha atrás.

Pois unha vez que entendemos estas ferramentas imos facer unha das propagacións mais sinxelas con mor de poñer en practica os conceptos.

E con isto podemos rematar por hoxe, pero non esquezades que temos mais citas ata chegar a ser uns auténticos programadores. Ata a próxima!!!