PROGRAMANDO DENDE A CASA 1

Programando con Mblock

Benvidos a este espazo, no que imos aprender e coñecer a programación informática.

É verdade que cando escoitamos programación informática pénsamos xa en aspectos moi técnicos, pero iso non é así, de feito este espazo esta creado para que tódolos nenos e nenas, e por que non; temen os pais, poidan coñecer este aspecto tan de moda na informática.

Pero como empezamos?

Primeiro que todo imos a coñecer as ferramentas cas imos traballar. A mais importante e a única e Mblok.



Neste sitio web imos ter o software necesario para traballar nos nosos proxectos, e ademais podémolo facer on-line e o mais importante é totalmente de balde. Con esta ferramenta poderemos, incluso, exportar o nosos proxectos para empregalos no noso robot real.Tamén podémolo facer na propia plataforma se queremos, e así observaremos todo o que ocorre na nosa programación.

Dende robots que escoitan as nosas ordes ata auténticos pilotos de rally nun circuíto.

Nas seguintes publicacións, empezaremos a falar de todas as ferramentas deste software e tamén a facer o nosos primeiros proxectos.

Así pois animarvos a seguir esta aventura no mundo da programación e diversión!.

Ata a próxima pequenos e non tan pequenos programadores.