Preparamos a nosa mariola!!!

No día de hoxe faremos a nosa mariola caseira. É unha boa forma de estar en movemento, e afastarnos do sedentarismo, dunha maneira lúdica.

Pensemos que ademais dun xogo, pode ser, e de feito a converteremos tamén, en manualidade.

Materiais:
  • Celo de carroceiro
  • Rotuladores
  • Adhesivos
Elaboración:

1. Deseñamos primeiramente a nosa mariola nun papel, para logo podela trasladar ao chan. (esta é unha forma máis fácil para os menos xa que é máis doado pintar en un espazo pequeno e logo trasladalo, que facelo directamente).
2. Buscamos unha zona ampla na casa para poder montar a mariola e xogar de forma segura.
3. Comezamos a montar a nosa mariola.
4. Unha vez montada ao noso gusto, empezamos a decorar as liñas cos materiais que atopemos por casa ou cos ditos anteriormente.
5. Buscamos un obxecto que utilizaremos para tirar dentro dos cadros.
6. E comeza o xogo!!!!