PLASTILINA CASEIRA
Hoxe aprenderemos a facer plastilina caseira, só con tres ingredientes. Esta receita é moi sinxela. Fóra do que pode parecer, a plastilina non só serve para os nenos, senón que tamén pode ter moitos beneficios para persoas de tódalas idades: axuda a mellorar a concentración, fomenta a creatividade e relaxa.
Precisaremos os seguintes materiais:
· Acondicionador/suavizante do pelo.
· Maicena
· Colorante alimentario en xel
· Un bol
· Unha culler
Tamén é recomendable ter unhas luvas a man, para mesturar a plastilina co colorante. E outra boa idea sería reutilizar algunha bolsa zip ou recipiente hermético para gardar a plastilina e que dure o máximo posible. Se vedes que se seca un pouquiño é normal, pero engadindo unhas pingas de suavizante podemos facer que volva á textura inicial.
Non esquezas comentarnos se levas a cabo esta actividade. Dinos que tal che foi e se foi sinxelo ou non o exercicio que propoñemos ó final do vídeo. Moita atención!