PINTAMOS BOTES DE CRISTAL

Botes de cristal reciclados

Hoxe vamos aproveitar os botes de cristal e darlles unha segunda vida.

Para iso necesitamos:
· Unha esponxa
· Un pincel
· Imprimación
· Pinturas de cores
· Verniz



Elaboración:

Pintamos o bote polo exterior ca imprimación. Mollamos a esponxa en imprimación e imos estendendo pouco a pouco para cubrir todo o bote de cristal. Facemos o mesmo ca tapa. Deixamos secar.
Con pinturas de cores facemos cadrados en forma de mosaico. E cando estean as cores secas, con un pincel pequeno perfilamos os cadrados .
Pintamos a tapa do cor que más nos guste.
Por último pasamos unha man de verniz a todo.
E xa temos o noso bote de cristal decorado.