PEDRAS DE CACAHUETE
Precisamos cacahuetes e toca quitarlles a cáscara, xa que os que se venden pelados ou teñen sal ou mel, e os que precisamos son os naturais.
O chocolate serve calquera, con leite, negro ou branco (estes son moi saborosos).

Quentamos o chocolate. Podemos poñelo ao baño maría ou ben directamente. Neste caso temos que ter coidado para non queimalo. En canto comece a fundir temos que poñer a temperatura moi baixiña ou apagar o lume.

Botamos os cacahuetes tendo conta de separalos a metade.

Mesturámolos co chocolate.
As proporcións son ao gusto, pero se queremos engadir moito cacahuete, bastará con que quede manchado completamente de chocolate.

Botamos nun recipiente axudándonos dunha culler pequena. Hai que ter tino de separar as moreíñas

Metemos na neveira a enfrear e listo. Unha vez que enfreen podemos metelos todos xuntos nun recipiente e gardar na neveira.

UMMM!!!!