OFERTA FORMATIVA DO CONCELLO

O concello de Santiago amplía a súa oferta formativa con 4000 novos cursos.

Tras unha primeira convocatoria de 1500 prazas lanzada o 15 de abril, o 19 de maio, sacou unha nova convocatoria con 4000 prazas en 40 cursos.

Ante o éxito de demanda da anterior convocatoria o concello lanzou esta segunda na cal gañou peso a formación en idiomas. 
 
Os cursos son gratuítos para persoas empadroadas en Santiago que ademais estean nunha das seguintes situacións:
- empregado/a en ERTE
- desempregado/a
- autónomo/a
- empregado/a nunha PEME.

Os bloques en total son tres:
1.Idiomas, comunicarse nunha cidade cosmopolita, cunha proposta específica que inclúe Inglés, Inglés profesional, brasileiro, Francés, Alemán, Italiano e Ruso.

2.Habilidades e actitudes, crecer e liderar o cambio dixital e persoal divídese á súa vez en catro bloques que son cultura e transformación dixital, fundamentos de negocio, benestar emocional e diversidade e inclusión.

3.Competencias profesionais, é o momento de reinventarse que inclúe unha longa lista de bloques adaptada a practicamente calquera perfil profesional pero tendo moi presente a previsión de demanda que realizará o mercado. En concreto prevención COVID-19, administración de empresas, xestión comercial e Marketing, ofimática Microsoft Office, sanidade, industria alimentaria, saúde e nutrición, deseño gráfico e 3D, programación e redes informáticas, informática básica e teletraballo, sistemas e bases de datos, actividades deportivas, enerxía, limpeza, xestión de residuos, loxística, industria química, medioambiente, turismo, prevención e igualdade.

A principal novidade desta convocatoria é a adaptación dos cursos para que poidan seguirse desde o móbil seguindo o sistema mobile learning ao detectar que boa parte das persoas que accederon á anterior edición fixérono usando a súa smartphone como porta de acceso.
 
Máis información e inscrición aquí

Imaxe promocional do Talentia summit’20 extraída da web do Concello de Santiago

Comentarios