O XOGO DA L
Imos a deseñar o xogo…


2. Marca todos os cadrados cunha regra e recorta o exterior. Ese será o noso taboleiro para o xogo!!

5. Pasa esas medidas a un folio ou cartolina de cor. Tes que poñer as medidas de dous cadrados nun sentido, e de tres cadrados no outro, para darlle a forma de L.

7. Agora debuxa e recorta outra “L” igual, pero de outra cor!
Ollo!! As “L” teñen que ter cada unha a súa cor, pero cada unha da mesma cor por un lado que polo outro.
Se non tes papel de cor, podes facelas el papel branco e logo colorealas ti da cor que máis che guste!!
Imos a aprender como se xoga…
Normas do xogo:
Este é un xogo para 2 xogadores.
Cada xogador terá unha “L”, que será a súa peza, e só poderá mover a súa “L”. Escolle a cor que prefiras!!
Os cadrados poderá movelos calquera dos dous xogadores.
Comezamos a xogar:
1. Un dos xogadores coloca a súa “L” onde queira, pero facendo coincidir cos cadrados do taboleiro, ocupando 4, coa forma da “L”, 3 cadrados en un sentido, e outro cadrado no outro sentido.

3. O outro xogador coloca a súa “L” onde poida, tendo en conta que ten que colocar, tamén, o outro cadradiño.

5. Logo, o 1º xogador (amarelo) move a súa “L”, pero, hai unha regra importante: A “L” ten que estar encima de, ó menos, un cadrado dos que estaba antes.
7. Tócalle ó 2º xogador (azul), que moverá a súa “L”, coma antes tendo que estar en, ó menos, un mesmo cadrado que na súa posición inicial.
9. A continuación, seguirá movendo o xogador nº 1 a súa ele e un dos cadradiños, se o considera oportuno, e logo o outro xogador.
10. O gañador será o que consiga deixar sen poder mover a súa “L” ó outro xogador.