Ó son da música

Divertímonos con música, canción e bailes

Unha boa maneira de que a tarde pase da mellor maneira posible é movendo o esqueleto. Hai uns cantos libros infantís que recollen distintos tipos de cancións.
A colección SONÁRBORE da editorial Galaxia é un bo exemplo disto que vos digo.
En Galicia Le tendes varias opcións por se vos interesa algún.
Eu aquí póñovos como exemplo a Mamá Cabra, que é un grupo musical para o público infantil.

Nalgúns casos as cancións acompáñanse de subtítulos coas letras das mesmas, o que está xenial pois podedes cantalas todos xuntos ou os/as cativos (se xa saben ler) .


Web de Mamá Cabra

FONTE IMAXES: 
https://catalogo.galiciale.gal/Record/Xebook1-1234
http://www.galiciantunes.com/bandsandartists_videos/442/?idA=247