O CESTO DOS TESOUROS

IDADE
A idade aconsellada é sobre os 6 meses, ou cando xa son capaces de sentar sos, e así poderán manipular os obxectos que se lle presentan.
QUE É
Un cesto de vimbio ou outro material natural. O máis adecuado sería sen asas e que tivera peso suficiente para que non dera a volta se a crianza apóiase nel.
QUE PODES METER
Obxectos naturais: piñas, cunchas, plumas...
Obxectos de uso cotián: cepillo de dentes, cestiños pequenos...
Obxectos de madeira: aneis de cortina grandes, unha culler, un garfo...
Obxectos de metal: cadeas, tapas de todo tipo, un coador de té...
Obxectos de pel, tecido, goma, la: pelota de coiro, rede de pescar, funda de gafas...
Papel e cartón: un caderno, rolos de papel hixiénico...
Debemos evitar os xoguetes e os materiais de plástico que apenas aportan información sensorial.
No blog de “crecendo y criando” teñen un arquivo que poden imprimir con unha gran listaxe de materiais para incluír
BENEFICIOS
O cesto dos tesouros ofrece ás crianzas a posibilidade de experimentar a través do tacto, vista, gusto, ouvido, olfacto e o movemento.
Deste xeito as crianzas poden satisfacer a súa curiosidade natural experimentando con obxectos da vida real e materiais naturais.

O PAPEL DA FIGURA DE APEGO
O voso papel é o de observar sen intervir, a veces isto non é doado, parécenos que temos que falarlle ou ensinarlle, pero isto no é así. A crianza precisa que esteemos presentes e atentas, pero nun segundo plano. A nosa presenza proporciona seguridade a crianza.
Deste xeito a crianza poderá ir explorando os obxectos coma guste. Sendo autónoma nos seus movementos e nos seus descubrimentos e aprendizaxes.
Fonte: Valente, D. (2018) Como liberar o potencial do voso neno. Actividades inspiradas no método Montessori 0-2 anos. Catroventos.