MOOC

Aproveitemos o tempo para mellorar a nosa formación.

Como recomendan os profesionais da psicoloxía convén manter as rutinas aínda estando confinados nos nosos fogares así que, ¿por que non aproveitar este tempo que nos quedou forzosamente libre para mellorar a nosa formación?

Neste post quero falarvos dos MOOC, Masive Open Online Course, cursos que se realizan online, que está aberto a calquera persoa coa única barreira do idioma, que non ten practicamente límite de prazas. Algunhas das Universidades máis prestixiosas do mundo organizan estes cursos. En canto ao seu custo varía e en moitos casos o curso é gratuíto o que se cobre é o certificado de aproveitamento do mesmo.
Paso agora a facer unha recompilación das principais plataformas para a procura deste tipo de cursos.

En inglés:

Mooc Coursera
Máis de 16 millóns de persoas cursaron algún Mooc Coursera grazas a esta plataforma, que ofrece, fundamentalmente, cursos en universidades americanas. Entre as máis prestixiosas, atópanse: a californiana Standford; Duke University, en Carolina do Norte, ou Michigan. Ademais, hai cursos Mooc nas universidades de Róterdan ou Edimburgo.


EdX
Fundada hai 6 anos pola prestixiosa universidade de Harvard e o MIT é unha plataforma dedicada a impartir cursos Mooc. O número dos mesmos e a súa calidade é moi importante, e hai universidades impartindo cursos como Harward, Oxford ou Washington.


Khan Academy
Os seus cursos están principalmente enfocados a mozos adolescentes de instituto e nenos de primaria. Gran parte deles son de carácter científico. Tamén hai preparación para profesores e pais.


Udacity
Esta plataforma fundada pola Universidade de Stanford especializouse na área tecnolóxica: desenvolvo web e de software e análise de datos. A plataforma só está en inglés e conta co apoio de Amazon, Facebook ou Google.

En España:


UNED Abierta
Esta universidade a distancia española oferta cursos gratuítos flexibles. Ti elixes cando empezas e cando terminas. Gran número de cursos en colaboración con outros organismos como Universia.

Miriada
Utilizado por universidades españolas dispón de bastantes cursos.


Tutellus
En Tutellus poderás atopar tanto cursos gratuítos como de pago. Esta plataforma xa conta con máis de 3 millóns de usuarios e ten sede en Madrid. Está aberta para estudantes e profesores que queiran ensinar.