MERGULL.ARTE 1

Joan Miró

Terás que transformarte nun mergullador da Internet para poder resolver o crebacabezas que hai detrás de estas cuestións e que che permitirán converterte en Miró por un día para realizar unha das súas obras máis coñecidas ... Se o resolves poderás saber de que obra se trata.



Imos ver se fuches capaz de atopar as palabras máxicas que había agochadas na presentación e que che axudarán a responder estas cuestións.

Podes pedir axuda se o precisas...

1.- ¿En que cidade naceu Joan Miró?
2.- ¿Que mar baña esta cidade?
3.- ¿Como se chaman a maioría dos cadros?
4.- ¿En que cidade naceu Picasso?
5.- ¿Que representa o surrealismo?
6.- ¿Que materiais mencionan os nenos do vídeo para poder facer esculturas?
7.- ¿Cantas esculturas e cerámicas hai gardadas na Fundación Joan Miró en Barcelona?
8.- ¿Cales eran as cores favoritas de Joan Miró?
9.- ¿Cantas estrelas podes ver neste cadro que se atopa dentro da serie “Constelaciones”?

Se conseguiches chegar ata aquí respondendo todas estas cuestións, xa tes a chave para resolver o crebacabezas que che permitirá converterte en Joan Miró por un día...

RESPOSTAS
1.- ¿En que cidade naceu Joan Miró? Barcelona
2.- ¿Que mar baña esta cidade? Mediterráneo
3.- ¿Como se chaman a maioría dos cadros? Azul
4.- ¿En que cidade naceu Picasso? Málaga
5.- ¿Que representa o surrealismo? O mundo dos sonos
6.- ¿Que materiais mencionan os nenos do vídeo para poder facer esculturas? Pedra e barro
7.- ¿Cantas esculturas e cerámicas hai gardadas na Fundación Joan Miró en Barcelona? 186
8.- ¿Cales eran as cores favoritas de Joan Miró? Azul, verde, amarelo, branco, vermello e negra
9.- ¿Cantas estrelas podes ver neste cadro que se atopa dentro da serie “Constelaciones”? 2

Chave para a manualidade


Se non tes lector de códigos QR podes descargar aquí a manualidade sobre Joan Miró.