Marcapáxinas
Nestes tempos de confinamento, ¿que actividade pode ser mellor que somerxernos nas aventuras que os libros nos ofrecen e nos permiten percorrer polas súas páxinas?
Os libros son sempre un bo aliado, pero nestes días que estamos na casa e temos tempo para facer moitas cousas, convértense nos nosos amigos. A que si? Ademais de ser entretidos, axudan a que ampliemos o noso vocabulario e desenrolemos a imaxinación e a creatividade. É moi importante que este bo hábito sexa imitado polos peques da casa. Seguro que xa o estades a facer nestes días, por iso... ¿que vos parece si nos poñemos con eles a facer estes sinxelos marca páxinas para non perder o fío desa impresionante aventura que resulta complexo ler nun só día?
Comezamos? Podedes elixir o que máis vos guste!!.
Comecemos especificando os materiais precisos para a elaboración de cada un.

MARCAPÁXINAS DE PALILLOS DE MADEIRA:
Materiais:- Palillos de madeira
- Pinturas de cores
- Rotulador permanente negro ou branco.
Como o facemos?
Collemos os paus e pintamos por unha cara.
Mentres seca por ese lado podemos pintar outro para agasallar a quen nós queiramos.
Unha vez que está seco, dámoslle a volta e pintamos polo outro lado.
Cando
estea seco, dependendo da cor que eliximos, collemos un rotulador
permanente negro ou branco, o que máis resalte, e comenzamos co noso
deseño. SINXELO, SINXELO!!
MARCAPÁXINAS GUSANOS:
Recortamos 5 círculos de igual tamaño. Podemos axudarnos dun obxecto redondo que teñamos por casa, como pode ser un vaso, un prato pequeno..
Unha vez teñamos os círculos, procedemos a pegalos con pegamento. Colocaremos un pouco pegamento na metade superior do círculo, alternando unha vez na parte dereita e outra na esquerda para que o verme simule ter movemento.
Agora que xa temos o corpo feito, só nos falta colocarlle os ollos. Si son adhesivos retiramos o papel que levan na parte de atrás e si non son adhesivos colocamos pegamento en cada un deles e esperamos a que sequen.
Como toque final, só nos falta cortar un anaquiño de limpiapipas( en función do tamaño do corpo do noso verme) que dobraremos a metade e pegaremos pola parte de atrás. LISTO!!!
MARCAPÁXINA ESTRELAS:
Materiais:- Cartolinas de cores
- Pegamento
- Fío
- Sacabocados con forma de estrela
- Sacabocados
Como o facemos?
Recortamos unha tira de cartolina . As medidas son 4cm de ancho x 18 cm de largo.
Collemos dúas cartolinas de outras cores e nunha esquina, para aproveitar o material, facemos unha estrela co sacabocados. Se non o temos, podemos debuxar unha estrela e recortala.
O exemplo leva dúas estrelas, pero a decoración sempre queda nas vosos gustos.
Na parte superior da tira de cartolina que temos recortada, facemos un burato xusto no medio co sacabocados.
Collemos un cacho de fío de 12 cm, dobrámolo a metade e metémolo polo buraco.
Facemos un nó e xusto enriba dese nó, colocamos a estrela que nos falta. LISTO ARTISTAS!!!!!