MAQUILLAXE TERRORÍFICA

FERIDAS TERRORÍFICAS

Gústavos disfrazarvos? Pois se o que vos gusta son os zombis, vouvos ensinar unha técnica que dará verdadeiro arrepío.



PRECISAMOS:
- Fariña
- Auga
- Maquillaxe facial ou canela
- Témpera negra
- Témpera vermella
- Pincel

PROCEDEMENTO:
1. Mesturamos fariña (basta con pouca cantidade, un puñado que entre na nosa man será suficiente para probar) e auga e amasamos.
2. Cando a masa teña unha textura axeitada, engadimos un pouco de maquillaxe ou canela, a idea é que a masa adquira unha coloración o máis parecida á cor da nosa pel.
3. Cando a masa está preparada imos a pensar onde queremos colocar a ferida. Para que teña un efecto máis real o mellor é colocala en articulacións coma o pulso, nocello ou xeonllos. Deste xeito ao mover o pulso por exemplo, ábrese e péchase tamén a ferida dando un efecto máis realista.
Para pegar a ferida, humedecemos un pouquiño o lugar onde imos colocar a fariña, facemos unha bola proporcional ao tamaño do lugar elixido e esmagamos esta bola ao longo da superficie da articulación elixida.
4. Co rabo, por exemplo do pincel, imos facendo unha fendedura ao longo da articulación.
5. Botamos témpera vermella e por enriba algunha pincelada de negra, ao gusto do realismo noxento que queiramos darlle á ferida.
Se queredes darlle maior realismo podedes aproveitar un osiño de polo e que saía do xeonllo, creará un efecto fantasticamente noxento!!!

RASPÓNS



PRECISAMOS:
- Nanas
- Témpera vermella
- Témpera negra

Mollamos as nanas en un pouco de témpera negra e vermella e pasamos pola parte elixida.


CONTUSIÓNS

Frotamos cunha folla de calco no lugar desexado e CACHÁN!!



Tende coidado de a quen asustades, no lle vaiades a dar un susto de MORTE!!

Comentarios