LETRAS GALEGAS. CLUB PILLADXS 3
Seguimos con recordos, lembrade que recordar é volver pasar polo corazón… En 2017 o Día das Letras Galegas foi adicado a Carlos Casares, e unha das súas obras máis célebres era a A Galiña Azul e, dende entón, dúas famosas cantigas roldan as nosas cabezas... ámbalas dúas formaron parte da obra teatral que representamos. Os e as Pilladas botamos man delas cando cadra: unha ten ton manifestante, e pódese aplicar a calquera aviso, discusión, queixa, que teñamos.
“inxustiza! manifestación! as galiñas azuis, molan mogollón!”
A outra xa case é un xogo de presentación... serve para mencionar a tódalas persoas do grupo, e facer unha rima enxeñosa co seu nome. Comeza falando do libro, facendo un eloxio das galiñas... Deixo tamén os acordes, por se algunha se anima a sacala coa guitarra, ou co que sexa, vaia
RE
Ímosvos cantar
LA
unha historia do rural
Si
que fala acerca da
SOL
diversidade animal
RE
Había vacas, porcos,
LA
peixes e formigas...
SI
pero do que imos falar aquí,
SOL
e de tipos de galiñas
RE
Hai moitos tipos de galiñas
SOL
que teñen unha vida diferente
RE
A galiña de (dicimos o nome que queiramos)
SOL
que é unha (dicimos unha palabra que rime con ese nome)
E isto último unha ou tres veces máis
Ímosvos cantar
LA
unha historia do rural
Si
que fala acerca da
SOL
diversidade animal
RE
Había vacas, porcos,
LA
peixes e formigas...
SI
pero do que imos falar aquí,
SOL
e de tipos de galiñas
RE
Hai moitos tipos de galiñas
SOL
que teñen unha vida diferente
RE
A galiña de (dicimos o nome que queiramos)
SOL
que é unha (dicimos unha palabra que rime con ese nome)
E isto último unha ou tres veces máis
A galiña de Sara
que é unha majara
A galiña de Hadrián
Que come un croasán
A galiña de Blanca
que fala con retranca
A galiña de Lía
que vai de romeríaaaa
1,2,3, e...!
A “canción de espera” chámase Spanish Flea, e é de Herp Albert & The Tijuana Brass. As imaxes son vídeos de documentais de galiñas...
Un saúdo o club!