LETRAS GALEGAS 2020. XOGO

XOGO: PERCORRIDO POLAS OBRAS DE RICARDO CARVALHO CALERO

O día das letras galegas é dentro de pouco e este ano é dedicado a Ricardo Carvalho Calero, famosos escritor e filólogo que sen dúbida é unha figura da representación da literatura galega. Poderiamos dicir moitas cousas deste autor, licenciouse en dereito, filoloxía e letras, doutorouse, foi membro da Real Academia Galega... pero sen dúbida deixo grandes obras de arte coas que todos e todas podemos aprender e gozar. Para facer un pequeno percorrido que sexa ameno e lúdico por estes escritos vos presentamos unha actividade coa que teredes que facer un rastreo de información que espero que vos guste e vos teña entretidos e entretidas!

Trátase dun xogo no que teredes que adiviñar de que 10 novelas estamos a falar, axudádevos de todos os recursos que poidades, mamá ou papá, outros libros e documentos, internet... Comezamos!

1. Fala de cando o autor era pequeno, lembra as aves nun tempo chuvioso que non acompaña para saír a xogar.

2. Trata o mundo rural, xira todo arredor dun barrio, dunha familia, fala dun entorno concreto ca súa xente.

3. Textos únicos que nunca se viron antes deste xeito, relacionados co mundo da poesía e a música.

4. É unha mestura de contidos históricos cunha base irónica, parte da novela é autobiográfica. Está ambientada na Guerra Civil Española.

5. A estación do ano é verán, e o autor recorda como pasaba esa época coa familia. O tema central é algo que o protagonista escoita todas as noites.

6. Fala dunha rapaza que acaba de ter un irmán pero ela quere unha nena xa que así o pediu usando un método moi particular.

7. Sitúase nun reinado onde unha adolescente con influencia e beleza se converte nunha muller que ten que mirar como o seu fillo pasa por diversos acontecementos.

8. Libro de coros que ten un poema cantado que se relaciona coa Igrexa. O título leva o nome do colexio no que estudou o autor.

9. Contén poemas publicados o longo de máis libros, é unha recapitulación en galego durante máis de 30 anos.

10. Ten poemas que foron publicados antes noutras fontes ou mesmo que son novidade, consta de tres partes e publícase despois do libro descrito con anterioridade.

Esperamos que vos parecese divertido este percorrido, a idea era dinamizalo o máximo posible para que poidades entretervos á vez que aprendedes. Oxalá que nos podamos ver pronto! Unha aperta!

Solucións

Fonte: Wikipedia