LETRAS GALEGAS 2020. XOGAMOS A INVENTAR HISTORIAS

Hoxe vamos a facer unha actividade adicada ao Día das Letras Galegas.

Como ben sabedes todos os anos o día 17 de maio, celebramos a defensa da nosa lingua, por iso a Real Academia Galega, cada ano dedícao a un/unha escritor/a que emprega a lingua galega nas súas obras. Este ano dedicase a Ricardo Carballo Calero nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990 que foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego.

Autor dunha extensa obra, está considerado como o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.

Como vedes, na súa traxectoria vital adicou moito do seu tempo a escribir…. así que ocorréuseme que vós podedes facer o mesmo dun xeito máis divertido.

Xogamos a inventar historias? Vamos alá…. xa veredes que historias máis divertidas saen.

Só precisamos un dado, ¡¡ si si o do parchís ou calquera xogo de mesa vale!!. Dependendo do número que saia no dado teredes que inventar unha historia coas indicacións que aparecen no cadro, só queda ao voso antollo e nas vosas mans o final, así que empregade a vosa imaxinación…..


Número que sae no dado
Personaxe
Onde
Cando
Problema
Final
1
Un gato famento
Nunha nave espacial
Unha noite de inverno
Non sabía ler
…...
2
Unha bela bruxa
Nun parque de atraccións
Un día de treboada
Caeulle un dente
…..
3
Unha cegoña
Nunha cova
Unha manan de outono
Voaba demasiado rápido
……..
4
Unha bolboreta fermosa
Nun armario pechada
Unha noite estrelada
Cantaba e bailaba
…….
5
Unha fermosa princesa
Nunha granxa
Un día de verán
Atopou un rato
…..
6
Un dragón valente
Nun ascensor
Entre lusco e fusco
Tiña frío
….

ESPERO QUE VOS GUSTASE!!!