LETRAS GALEGAS 2020. XOGAMOS A CONTAR HISTORIAS

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS XOGAMOS A CONTAR HISTORIAS
O 17 de maio é o día das letras galegas. Dende 1963, que se homenaxeou a Rosalía de Castro, tódolos anos dedícase este día a un escritor ou escritora galegos. Este ano 2020 será Ricardo Carvalho Calero.
O 17 de maio é o día das letras galegas. Dende 1963, que se homenaxeou a Rosalía de Castro, tódolos anos dedícase este día a un escritor ou escritora galegos. Este ano 2020 será Ricardo Carvalho Calero.
Pero... quen sabe se dentro de nós se agocha un grande escritor ou escritora?
Algunhas crianzas xa descobren dende ben cativas que lles gusta cavilar historias, pero aquí imos facer unha proposta para que tódalas crianzas e maiores nos animemos a contar e escribir contos.
Imos a empregar o libro de Rodari “Gramática de la fantasía introducción al arte de contar historias”. Neste fálase de algúns modos de inventar historias para crianzas e de axudalas a inventar por si soas as súas propias historias.
Está máis que permitido que os contos sexan aloucados o importante é rir e crear.
TÉCNICAS PARA INVENTAR HISTORIAS:
1. BINOMIO FANTÁSTICO
Consiste en elixir dúas palabras é bo facelo ao azar. Hai que ter en conta que para que a técnica teña efecto ten que haber unha certa distancia entre as dúas palabras, é dicir que non teñan nada que ver entre elas.
Os exemplos que nos propón Rodari son:
- Ladrillo-canción, Carapuchiña-helicóptero, Luz-zapatos, Can-armario.
O xeito de traballar con este binomio pode ser:
1. Narrar libremente historias que conteñan as dúas palabras.
2. Establecer relacións entre as palabras colocando preposicións:
- O can co armario
- O armario do can
- O can sobre o armario
- O can no armario
Exemplo de narración có binomio ladrillo e canción, de colleita propia, dunha que nunca escribiu:
Cando era pequerrecha gustábame cantar, o problema era que como non se me escoitaba tiña que gritar, e así o meu público ningunha canción podía desfrutar. Ata que un día atopei un ladrillo, subín nel e puiden destacar.
2. QUE ACONTECERÍA SI:
Rodari parte da idea de que as hipóteses son redes. Lanzas a rede e, tarde ou cedo, algo atopas. Para formular as preguntas escóllense ao azar un suxeito e un predicado.Exemplos de hipóteses serían:
Que acontecería si…?
- Un crocodilo chamase a porta pedindo un pouco de Romeu?
- Se vas no ascensor e apareces na Lúa.
- Se as galiñas xa non puxeran ovos.
- Se unha maña ao erguernos desapareceran os cartos.
- Se de repente puideras atravesar as paredes.
- Se o teu can falara.
- Se ao chegar ao colexio desapareceran tódolos lapis e bolígrafos.
Para darlle máis interese as historias, pódeselles suxerir ás crianzas que comenten:
- Reaccións das distintas persoas.
- Incidentes de todo tipo que acontecerían.
- Diálogos que xurdirían.
- Escoller protagonista da historia.
- Introducir ás persoas que coñecen.
Exemplo de narración ca hipótese se o teu can falara, de colleita propia, da mesma de antes que nunca escribiu:
Un día coma outro, de un día calquera diríxome a traballar e a miña sorpresa foi que ao chegar o xefe chámame e dime que ten que falar comigo. Ahh!! Comezo a tremer, témome o peor! Son consciente de que hai menos traballo e na nosa oficina sobran redactoras.
- Ola bo día!
Dime o xefe
- Bo día
- Síntoo moito, pero queda despedida
Así sen máis espétame!! Saio encollida, recollo as miñas cousas e marcho para a casa. Non me despido das compañeiras, de tódolos xeitos, ninguén se decatará, paso inadvertida sempre.
Ao chegar a casa tírome no sofá, teño un nó na gorxa e as bágoas corren polas miñas meixelas, alí quedo. A miña cadela Chusca achégase, e mentres me acariña co fociño dime:
- Tranquila todo pasará, maña será outro día,
eu respondo:
- Xa pero hoxe estou tristeira.
Ohh diantre, estou falando ca miña cadela! A tristeza fíxome tolear! Pero non, ela segue a falarme.
- Nena, non toleaches, son eu que falo, pero tíñao en segredo, o que pasa é que o verte tan amolada non puiden resistir falarche.
Os meus ollos coma pratos, a mandíbula desencaixada, penso que estou soñando, pero non, non o estou. Comezo a dar chimpos de ledicia, teño unha amiga, teño unha amiga que me apoia! E a miña cabeza comeza a traballar…, isto é a bomba! Voume converter na mellor reporteira de investigación da historia, teño a mellor amiga e a mellor detective secreta.
3. A CHINA NO ESTANQUE
Hai que poñer palabras que comecen pola primeira inicial
C - Cen
H - hilanderas (fiandeiras)
I - imaxinaban
N - negruzcos
A - armiños
Tendes máis ideas no libro de Rodari e o máis importante é, DEIXÁDEVOS LEVAR!!
C - Cen
H - hilanderas (fiandeiras)
I - imaxinaban
N - negruzcos
A - armiños
4. A PALABRA OLA
Consiste en contar unha historia de propia invención a partir dunha palabra dada.5. O ERRO CREATIVO
Empregar os lapsus ao escribir mal unha palabra, de este xeito podemos darlle un novo significado a nova palabra, inventar un conto arredor dese erro.6. VELLOS XOGOS
Recortar títulos de periódicos e mesturalos.Tendes máis ideas no libro de Rodari e o máis importante é, DEIXÁDEVOS LEVAR!!
Bibliografía:
Rodari, G (2007). “Gramática de la fantasía introducción al arte de contar historias”. Barcelona: Editorial Planeta S, A.
Photo by Ben White on Unsplash
Rodari, G (2007). “Gramática de la fantasía introducción al arte de contar historias”. Barcelona: Editorial Planeta S, A.
Photo by Ben White on Unsplash