LETRAS GALEGAS 2020. ROSCO DE PASAPALABRA
O homenaxeado este ano no día das nosas letras é Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990). Foi o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago. Filólogo, escritor e ensaísta, como creador cultivou dende a novela ata o teatro, sen esquecer a poesía, ademais de exercer a crítica literaria.
Toda a súa traxectoria vital estivo intimamente ligada ó galeguismo, tivo un papel destacado na creación do Partido Galeguista (1931) e na redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia, foi secretario do Seminario de Estudos Galegos e membro da Real Academia Galega e sobre todo será coñecido por ser o principal teorizador e defensor das teorías do reintegracionismo lingüístico co portugués como vía para a normalización do galego.
Dentro do seu traballo académico destaca a Historia da literatura galega contemporánea (1975) e os Estudos Rosalianos (1979). Como poeta, podemos mencionar os seus inicios en castelán de obras como Trinitarias (1928) e La Soledad confusa (1931), para continuar en galego con Vieiros (1931) entre outras.
E agora imos xogar.
Que vos parece poñer a proba os vosos coñecementos sobre o escritor homenaxeado este ano no “DÍA DAS LETRAS GALEGAS".
Podedes xogar ca familia e ver quen ten máis acertos.

ROSCO DE PASAPALABRA “LETRAS GALEGAS 2020”