LETRAS GALEGAS 2020. Re-Activándonos. Re-Conectando
Re-Activándonos. Re-Conectando 7
Hoxe traemos unha entrada para o blog cuxa temática está relacionada co Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Neste caso exercitaremos os nosos miolos á vez que coñecemos novos datos da vida e obra deste importante autor da nosa literatura, que tamén traballou en prol da investigación lingüística e educativa, sendo un referente de renovación pedagóxica e de investigación do seu tempo. É por isto que as palabras máxicas de hoxe, que debemos lembrar durante toda a sesión están relacionadas coa súa figura, e son as seguintes:
ENSAIO
|
FERROL
|
ESCOLA
|
CULTURA
|
Con estas palabras en mente, comezamos coa primeira actividade, que consta dunha sopa de letras na que debemos atopar palabras relacionadas coa Biografía do autor protagonista deste Re-Activándonos. Re-Conectando de hoxe. Debemos fixarnos na Imaxe 1, onde se atopa esta Sopa de letras creada a través da web educima.com, na que debemos atopar os seguintes termos:
Cátedra
Cárcere
Pública
Instituto
|
Grupo
Portuguesa
Universidade
Fernández
|
Na súa etapa como profesor, promoveu que os alumnos realizasen traballos en_______________.
Foi o primeiro profesor ______________ en lingua e literatura galegas.
O filántropo Antonio______________López convocouno para impartir docencia no Colexio Fingoi, de Lugo.
Pasou dous anos no________________, condenado pola súa ideoloxía política. Cando saíu, prohibíuselle exercer a función__________________.
Despois do Colexio Fingoi, exerceu como profesor no ___________________ Rosalía de Castro, e posteriormente na________________ de Santiago de Compostela.
Parte da súa investigación, estuda a unidade lingüística entre as linguas galega e _______________.
Como estamos a traballar sobre un día caracterizado pola creación artística e cultural que deu a nos aterra durante anos, imos tentar desenvolver un chisquiño máis a nosa faceta artística. Farémolo a través do debuxo, para o que nos apoiaremos na imaxe.
Podemos ver un escorpión ou alacrán, xa que unha das obras clave da literatura de Carvalho Calero leva por título Scorpio. Tomámonos uns instantes para observar a imaxe e reflexionar sobre ela. Pensamos e escribimos 4 palabras que nos transmita o debuxo e o seu significado, xa que un escorpión, ademais dun animal é unha constelación, un símbolo… en que termos nos fai pensar? Colocámolos neste recadro:
Agora, coa imaxe e as catro palabras que pensamos como apoio, imos facer a nosa propia representación so escorpión, do Scorpio, debuxándoo como saibamos, como queiramos, dándolle a forma e cor que máis nos guste.
Acabamos así cunha pequena mostra artística feita por nós mesmos e lembrando aquelas palabras que tiñamos que recordar e que están vencelladas á figura do autor mencionado ao longo da actividade.
Se houbese calquera dúbida nas dinámicas propostas, preme aquí para ver as solucións ás mesmas.
Ata aquí a actividade adicada ao día das nosas letras, que agardamos que vos resultara interesante, educativa e útil para o adestramento ao que estamos xa acostumados, aplicando unha temática concreta e diferente. Deica a próxima e feliz día das Letras!
Acabamos así cunha pequena mostra artística feita por nós mesmos e lembrando aquelas palabras que tiñamos que recordar e que están vencelladas á figura do autor mencionado ao longo da actividade.
Se houbese calquera dúbida nas dinámicas propostas, preme aquí para ver as solucións ás mesmas.
Ata aquí a actividade adicada ao día das nosas letras, que agardamos que vos resultara interesante, educativa e útil para o adestramento ao que estamos xa acostumados, aplicando unha temática concreta e diferente. Deica a próxima e feliz día das Letras!
Photo by Nathaniel Shuman on Unsplash


Comentarios
Publicar un comentario