LETRAS GALEGAS 2020. PEQUENOS/AS DESCUBRIDORES/AS.

Nenas e nenos hoxe queremos facer mención a Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado nas Letras Galegas do 2020.

Para que coñezades ó ilustre escritor deixámosvos un enlace no que podedes atopar información moi interesante sobre a súa vida e obra, e onde encontraredes datos ben curiosos!

Por exemplo, descubriredes a través do documento, que Carballo Calero tamén foi mestre. É de destacar que impartiu docencia no colexio Fingoi, en Lugo, pois este centro caracterizábase por ser moi innovador, é mostra disto, que a educación era mixta, algo que non era frecuente daquela!

Así mesmo, neste colexio traballábase a educación experimental e as normas, en xeral, eran diferentes ás dos outros centros escolares. Foi alí onde o escritor impulsou un grupo de teatro cos nenos e nenas que tamén incluía outras culturas.

A que é interesante? Pois para saber máis sobre o célebre escritor recomendámosvos visitar: Primaveradasletras onde atoparedes tamén actividades e que se poden descargar que podedes resolver nas vosas casas.

Pero ademais, propoñémosvos unha actividade ben creativa! Gustaríanos que nos amosedes as vosas dotes máis artísticas facendo unha caricatura do escritor! Para iso, pódevos servir de referencia a fotografía que acompaña ó texto, que é de cando el era novo, aínda que podedes escoller calquera outra!

Queremos ver as vosas propostas!

Fonte da imaxe: Wikipedia Commons



Comentarios