LETRAS GALEGAS 2020 . A ORIXE

Cada 17 de maio celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia.
¿Que e o día das Letras Galegas?O Día das Letras é unha data adicada a promoción da nosa literatura e da nosa lingua. Cada ano consagrase a unha á figura destacada da cultura galega.
¿Pero... como comezou todo?
O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de “Cantares Gallegos”, de Rosalía de Castro, os membros da academia galega Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas no seguinte escrito presentado á Academia:
“Con motivo de se celebrar no presente ano o Centenario da pubricación de "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, os membros numerarios que subscriben someten á consideración da Xunta xeneral da "Real Academia Gallega", a seguinte proposta:
1º.- Todos sabemos que o libro rosalián editado en 1863, ten sido a primeira obra maestra con que contóu a Literatura Galega Contemporánea. A súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria. Representa, pois, un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia.
2º.- A celebración do centenario diste acontecimento, convida a reconsiderar o siñificado do mensaxe transmitido nos "Cantares". Un mensaxe que, tanto como esprito e pobo, tanto como universalismo e galeguidade, foi, estéticamente, un mensaxe de palabra e poesía.
3º.- Velahí por qué, ademáis dos aitos conmemorativos que se orgaícen pra reaitualizar na conciencia das xentes o acento de tal mensaxe, a Academia -como órgano oficial da nosa cultura- debería consagrar, con caracter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
4º.- O millor xeito de o conseguir sería que acordase decrarar Día das Letras Galegas, o 17 de maio de cada ano, a partir do presente. Contaríase así, pra o porvir, cunha xornada oficialmente adicada a honrar ós nosos libros. O día 17 de maio de cada ano viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega.
5º.- Ninguén desconoce que o libro ten unha forza simbólica estraordinaria. Sendo a amosa máis reveladora do nivel cultural dos pobos, non é de estranar o afán de esparexelo e de lle abrir camiños pra ensanchar o ámpido dos seus leitores. No caso de Galicia, ningunha data máis axeitada pra enaltecer e difundir o libro eiquí producido, que a que conmemora a pubricación da obra coa que se encetóu o prestixio contemporáneo das Letras galegas.
6º.- De atopar eco no acordo dos numerarios da Corporación o contido dista proposta, compriría dalo a conocer en Nota oficial, recabando a colaboración dos centros culturás de Galicia e a de todos os Centros Galegos do mundo, pra percurar o ésito consagratorio da celebración.”
O 28 de abril do mesmo ano, en Xunta ordinaria, a Academia resolveu, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano. Rosalía de Castro foi a primeira homenaxeada e a continuación de ese ano homenaxease a unha figura relevante da nosa cultura.
¿Queres saber quen, como e cando se escolle?
Os estatutos da Real Academia Galega determinan:
“(Capítulo 1, Artigo 2):
Son finalidades da Real Academia Galega
Decidi-la personalidade literaria á que cada ano se lle dedica o Día das letras Galegas.
(Capítulo 2, Artigo 7)
Na primeira reunión despois do Día das Letras Galegas, o Plenario da RAG escollerá o persoeiro a quen se lle dedicará esa conmemoración no ano vindeiro.[...]. As propostas, razoadas e asinadas por un mínimo de tres académicos, deberán incluírse na convocatoria do Plenario correspondente.”
¿Calquera galego podería ser homenaxeado?
De novo os estatutos marcan as regras, e o certo é que non é condición indispensable ser galego ou galega:
“(Capítulo 2, Artigo 7)
...A figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe. En calquera caso deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese dí..”.
¿Por que nos gusta tanto?
Neste día son moito os actos festivos que conmemoran a cultura galega e o idioma.
Concellos, vilas, centros de ensino, asociacións e diferentes entidades organizan un sin fin de actos, romeiras, concertos, mostras culturais, feiras, etc.
Desde 1991, o Día das Letras Galegas é festividade oficial en Galicia declarada pola Xunta de Galicia, e os galegos e galegas de todo o mundo aproveitan ese día para lucir e desfrutar da nosa cultura.
Se queres seguir sabendo mais sobre este dia: Real Academia Galega