LETRAS GALEGAS 2020. FALANDO GALEGO

O día 17 de Maio ,celebramos como cada ano en Galicia ,o días das letras galegas.

Contamos con infinidade de posibilidades en canto a palabras e expresións da nosa lingua. É unha boa oportunidade para facer mención de algunhas das máis fermosas e características.

Palabras

Enxebre: Algo moi característico dunha rexión, auténtico, xenuíno, sen contaminar.
Fúrancho : Local de tempada, habilitado nunha bodega familiar, onde se venden os excedentes do viño producido para o consumo particular ca posibilidade de comidas caseiras tamén.
Galopín: Unha das formas galegas de dicir chico, mozo con picardía.
Luar: Luz da lúa, o seu resplandor. En Galicia tamén ,clásico programa da galega, emitido dende 1992 .
Lusco e Fusco: Momento entre o día e a noite, no que a luz desaparece case por completo.
Morriña: Describe un sentimento de tristeza cando te atopas lonxe do lugar de onde un procede.
Petisc : Tapa ou pincho galego.
Riquiño: Para referirse de maneira cariñosa a unha persoa que produce tenrura.
Rabudo: Alguén moi teimoso.
Ser un toxo: Para referirse a alguén que é áspero ou arisco.
Aperta: Abrazo.
Agarimo: Sentimento de afecto por alguén.
Bico: É o “beso” dos galegos.
Barallocas: Persoa que fala moito e di moitas parvadas.
Arroiar: Chover fortemente e en abundancia
Brétema: Condensación que reduce a visibilidade, néboa.
Ledicia: Estado de ánimo de pracer.
Ruliña: Apelativo cariñoso.
Coitado: Que ten mala sorte.
Esmorga: Diversión , troula.
Larpeiro: Que lle gusta moito o doce.
Sapoconcho: Tartaruga.
Pinchacarneiro: Volta que se dá apoiando as mans ou a cabeza no chan e deixándose caer sobre o lombo.
Lar: Casa familiar.
Cóxega: Facer rir.
Brincadeira: Broma , xogo.
Aloumiño: Demostración de cariño, algo que se di ou fai para agradar a alguén.
Axóuxere: Xoguete de varias esferas con un mango para os cativos ou para referirse a cascabel.
Besbello: Persoa que non para quieta , que anda sempre dun sitio para outro.
Xeito: Maneira.
Sentidiño: Facer as cousas con prudencia e coidado.
Arroutada: Para referirse a algo que se fai espontáneo e pouco sensato.

Expresións típicas galegas

Chuzos de Punta: expresión que se emprega en Galicia cando está chovendo a mares.
E ti de quen ves sendo?: típica pregunta que se fai no pobo para coñecer de que familia es.
Malo será: Unha expresión do máis optimista, característica dos galegos, aínda que haxa adversidades, non ten porque ir mal.
Madia leva: Exclamación que significa ,Así calquera!.
Chegar e encher: Cando chegas a algún sitio ou un obxectivo e o logras ou alcanzas a vitoria dende un comezo.
Vaiche boa: Expresión que se emprega con retranca ( ironía galega), cando pensas que algo non vai saír ben.
Outra vaca no millo: Empregase para indicar que unha persoa actúa igual de mal que outra que xa o fixo anteriormente.
Galiña vella, fai bo caldo: É un eloxio a xente maior, que aporta moito pola súa experiencia e sabedoría.
A cabra sempre tira o monte: Refírese a maneira de actuar inadecuada de maneira reiterativa.
Polo pan baila o can: Polo interese de lograr algo, faise o que faga falla.
Caer da burra: Darse conta do que error no que se estaba, non se conseguía entender aínda que era algo evidente.
Non vaia ser o demo: A superstición e a previsión... evitar algo por se acaso.
Marcho que teño que marchar: Cando se di, e porque toca marchar non porque se quere sen porque ha de facerse .
Nunca choveu que non escampase: Fai referencia a que o malo non dura para sempre, tamén ten un final.
Se chova, que chova: Conformámonos co que hai, aceptando o que toca.
Éche o que hai: Resignación as circunstancias ou situacións que toca afrontar.
Ser máis listo que un allo: Os allos son todo cabeza , para referirse a alguén intelixente.
O que ten cu, ten medo: Cando se pasa medo, nalgún momento determinado.
Tarde piaches !: Cando alguén fala , da a súa opinión ou actúa demasiado tarde xa.
Ser un miñaxoia: Empregase para as persoas que non teñen ningunha maldade e é moi inocente.

Animádevos a engadir o noso listado, as palabras e expresións, que máis vos gustan e empreguedes vós, no voso día a día!!