LETRAS GALEGAS 2020 . FACEMOS UNHAS CARTAS E UN PASAPALABRA
PROPOSTA DE ACTIVIDADES
A produción literaria do escritor está vencellada a un público máis adulto e abarca tanto as obras de ficción, coma as de divulgación. El foi un namorado da cultura e da lingua galega. As súas obras son moi ricas en canto ao vocabulario por iso presentamos esta actividade que intenta ser divertida e educativa, na que os/as cativos poidan recoñecer, identificar e aprender novas palabras da nosa lingua.
Este é un xogo que está baseado no xogo tradicional xaponés, Karuta. Propoñemos unha adaptación.
Trátase de formar dous grupos de cartas. Nun colocaremos as cartas que teñan un debuxo (podedes debuxalo vós, recortar fotos das revistas ou imprimilo) ou definicións (eu prefiro os debuxos) e noutro grupo as palabras. Os/as cativos deben vencellar as palabras co debuxo ou coas definicións.

Saquei unhas fotos dunhas cartas. Neste caso foron feitas por unha cativa. Tamén unha boa maneira de involucrar aos cativos/as e que participen na elaboración do xogo.
Esta é unha forma divertida de adquirir novos coñecementos relativos, neste caso ó vocabulario e á vida e a obra de Carvalho Calero:
1.-Colócanse as cartas enriba dunha mesa ou no chan de xeito desordenado e os/as participantes situaranse ó longo da mesa ou no chan ó redor das mesmas.
2.-Logo o condutor do xogo di unha das palabras ó chou.
3.-Os/as participantes deben buscar, primeiro a palabra e logo a imaxe asociada con esa palabra.
4.-Cada tarxeta vale un punto e así vanse anotando os acertos.
5.- Penso, que para afianzar os coñecementos, unha vez a teñan seleccionada podedes volver de novo a mesturalas entre as demais cartas para poderllo preguntar máis adiante.
6.-Cada vez que se colla unha tarxeta que non se corresponda coa palabra dita quitaremos 1 punto (porque senón ó mellor non se fixan moito e encoméndanse ó azar, como nos interesa que aprendan deste xeito facemos que se esforcen e que presten mais atención).

Ó rematar podedes establecer unha pequena penitencia divertida para aquel que obtivo menos puntos.
Outra actividade que poden desenvolver é unha adaptación do popular xogo PASAPALABRA.
A temática xirará en torno á figura de Ricardo Carvalho Calero e sobre o vocabulario, a fin de promover a adquisición de novos coñecementos vencellados ó homenaxeado polo Día das Letras Galegas e a familiarizarse coas novas palabras. Fixen un a modo de exemplo.
1.-Empezaremos por quendas e coa primeira letra do alfabeto. Se se acerta seguimos coa segunda letra e así sucesivamente (como é para cativos/as procurei que foran sempre iniciais).
2.-Se o/a participante precisa tempo para pensar entón dirá TEMPO e proseguiremos ó xogo con outro/a participante.
3-Ó retomar o xogo, en vez de continuar onde o deixamos, iniciámolo dende a primeira letra (así afianzamos os coñecementos adquiridos).
4.-Se se falla a resposta pérdese a quenda (teríamos que dicirlle a palabra correcta) e logo volveríamos a retomar a quenda pola primeira letra.
Para facelo divertido sempre que se falle podemos establecer unha pequena penitencia: con pintura axeitada para a pel escribirlle a palabra na que se equivocaron.