LETRAS GALEGAS 2020. FACEMOS UN COLLAGE
Letras galegas
Con motivo da chegada do 17 de maio, días das letras galegas , data sinalada en Galicia, imos a propoñer unha actividade ,que fai referencia o mesmo. Cada ano homenaxease a un figura literaria, sendo nesta ocasión, Ricardo Carballo (1910-1990) o noso homenaxeado.
Faremos un collage, con materiais básicos que teñamos pola casa ( cartolinas, folios, cores, xornais, revistas, feltro, gomaeva...) . O collage consiste nunha obra creativa, na que mesturamos distintos contidos, imaxes e materiais o noso antollo ,dándolle forma de maneira o máis imaxinativa e orixinal posible.
Podemos debuxar nos mesmos os contidos . Imprimilos no caso de ter a posibilidade e preferir esa opción, ou mesturar ambas opcións, dar forma con recortes de xornais vellos, revistas.....
O primeiro paso é a procura de información relacionada sobre noso tema a tratar, o días das letras galegas e o homenaxeado nesta ocasión ( datos que vos parezan curiosos e interesantes en xeral).
Agora toca a labor de debuxar, recortar e dar forma os distintos materiais que teñamos a nosa disposición. Podedes consultar e buscar inspiración en collages de distintas temáticas que podemos atopar en internet.
Aquí vos deixo un exemplo, agora é a vosa quenda , a imaxinación a voar e mans a obra, unha xornada de enredo e moito de seguro aprendido, da terra, a nosa fala e traxectoria do galego Ricardo Carballo.
Comentarios
Publicar un comentario