LETRAS GALEGAS 2020. COÑECES A TÚA LINGUA?

O gran concurso. Coñeces a túa lingua?

Está achegándose o día das Letras Galegas, e xa vai tocando poñerse a proba. Aquí vos traio o gran concurso, no que poderedes amosar as vosas dotes coa nosa lingua e tamén se sabedes algo do autor ao que se lle dedica ese día este ano.
Para comezar, si é posible, creade dous equipos. Da igual o número de persoas, o importante é xogar e pasalo ben. En caso contrario, podedes poñervos a proba igualmente, pero… Por que non darlle un pouco de emoción?
A primeira proba chámase ABRE BEN OS OLLOS. Consiste en buscar 5 palabras en galego nunha sopa de letras, pero coidado, que corre o tempo.

Iso si, cantas máis palabras atopedes, máis puntos sumaredes. É dicir, se atopades unha palabra sumaredes un punto, se atopades dúas pois dous puntos, e así sucesivamente.

Equipo A

 

Equipo B

LETRA A LETRA

É o nome da nosa segunda proba, na que teredes que completar os ocos das palabras coa axuda da frase que acompaña. Volven a aparecer os famosos puntos, cantas máis palabras consigades descifrar.... Non fai falla que remate a frase, verdade?

EQUIPO A
PA _             O MARIDO DA TÚA NAI É O TEU…
P_ _ A          GALIÑA NOVA
P A _ _ _      QUE INDICA A SINAL DE  STOP?
_ _ _ P A      QUE ESTUDIA DE MEMORIA…  
_ A P _ _ _   ANIMAL ASTUTO QUE CAZA GALIÑAS                  

EQUIPO B
V A _             EU VOU,  TI VAS, ELA…
V_ _ A           A PARELLA DO TORO É 
V _ A _ _ _     IMOS …  A ROMA
V _ _ A _       SE NON É CONSOANTE É…
V _ _ _ _ A    NON HAI SAL! PIDELLO A..                                                                 

ISTO SÓAME

Na terceira proba, teredes que abrir ben os oídos, por iso se chama ISTO SÓAME. Podedes optar porque cada equipo lle faga a proba ao equipo contrario. Consiste en adiviñar cancións tradicionais galegas no menor tempo posible. Irei dando algunha pista (neste caso que o fagan os vosos contrincantes), e canto antes adiviñedes, sumaredes puntos ao voso marcador.

CANCIÓN
  1. Ano da canción e melodía (5 puntos)
  2. Fragmento do texto da canción (4 puntos)
  3. Anaco da canción (3 segundos)
  4. Palabra do título (2 segundos)
  5. Anaco máis longo da canción (1 segundo)

EQUIPO A = VÍDEO
Ano: canción popular
Fragmento: que dormen fora
Palabra título: galo
EQUIPO B = VÍDEO
Ano: canción popular
Fragmento: o señor cura non baila
Palabra título: saia

ONDE ESTÁ

NA cuarta proba, consiste en tentar memorizar un conxunto de palabras, para despois saber ONDE ESTÁN, é dicir, recordar a posición na que se atopaba cada unha das mesmas.

EQUIPO A
Xogos e xoguetes tradicionais galegos

Buxaina
Mariola

Zancos
Ra

Pita cega
  Billarda
Chave

Birlos
Corda

Buxaina
Birlos
Chave
Ra
Corda
Pita cega
Billarda
Zancos
Mariola

EQUIPO A
Xogos e xoguetes tradicionais galegos















EQUIPO B
Comida galega

Polbo
Empanada

Caldo
Ameixas

Raxo
Churrasco
Queixo de Arzúa
Orella
Pementos de padrón

Polbo
Raxo
Pementos de padrón
Caldo
Churrasco
Ameixas
Orella
Empanada
Queixo de Arzúa

EQUIPO B
Comida galega














E por último, e para pechar este gran concurso, teredes que enfrontarvos á proba final. Non vos explico nada, porque estou ben segura de que sabedes xogar e que en canto a vexades vos poredes a pensar. A ver que equipo acerta máis.

Equipo A


Equipo B

Espero que desfrutásedes e aprendésedes un pouco máis da nosa lingua e de Ricardo Carvalho Calero!

E si vos acordade, sumade os puntos

Imaxe