LETRAS GALEGAS 2020. CARVALHO CALERO, AS CASAS E OS PARQUES.

CARVALHO CALERO, AS CASAS E OS PARQUES.

O autor galego Carvalho Calero, a quen dedicamos o Día das Letras galegas de 2020, publicou en 1950 A Xente da Barreira, o primeiro libro en galego de posguerra. O libro conta o que pasa arredor da súa protagonista: a casa da Barreira, unha casa peculiar, burguesa, galega. Ó seu redor Carvalho Calero narra o que lle acontece á familia que a funda, adiñeirados vidos a menos, mais tamén ós seus clientes, ós campesiños que a traballan, ós tratantes que a frecuentan, ás herdanzas, ás mortes e ós nacementos...

O libro trata sobre un cambio grande que houbo en Galicia a finais do S.XIX e comezos do S.XX, onde as familias adiñeiradas comezan a perder o seu poder. O libro foi o primeiro en galego despois da Guerra Civil española, foi un libro nunha época de cambio, e polo cambio.

Na actualidade estamos a vivir tamén unha forte época de cambio, por iso este post é para animármonos a reflexionar, a ser un pouco Carvalhos Calero, e escribir sobre a nosa persoal xente da Barreira...
Por exemplo imaxinemos que a casa é o parque, que leva un par de meses sen ser utilizado. Que era ese parque? A que xogabamos? Como nos reuniamos? Como medraron as cousas que o rodean? As plantas, as flores? Onde van as pegadas da rapazada? A que normalidade retornaremos?

Unha foto para a reflexión:

Comentarios