LETRAS GALEGAS 2020. BD SOBRE RICARDO CARBALLO CALERO

Hoxe conta comigo: Ricardo Carballo Calero



Neste ano 2020 o Día das Letras Galegas será diferente, pero sabemos que a Real Academia Galega decidiu que estea dedicado a Ricardo Carballo Calero e que son moitas as cousas que podemos ler, pescudar e aprender deste home que é unha peza fundamental da nosa lingua, cultura e literatura.

Na web da Real Academia : “Primavera das Letras” podedes afondar sobre súa vida e obra, así coma desfrutar de actividades interactivas e fichas que se poden descargar. Onde descubriredes novas palabras e a súa procedencia, aprenderedes sobre animais, arrolos, teatro, poesía, música, mapas, mulleres pintoras e unha chea de cousas mais. Desexando entrar? Adiante! Premede!

Cada ano xorden ao redor desta festa da nosas Letras iniciativas ben interesantes e este ano non ía ser menos. Presentámosvos unha relacionada ca Banda Deseñada, que de seguro é un mundo que vos gusta: “Ricardo Carvalho Calero.Coraçon de Terra”.

Chéganos da man das editoriais:
- Através editora
- Demo editorial

A BD conta con perfil en Instagram e Facebook e neles poderedes saber mais sobre esta obra que nos mostra unha biografía ficcionalizada do autor.

Dende xa, grazas á xenerosidade dos seus editores, podemos gozar dun adianto de 10 páxinas que forman parte deste cómic. Premede e desfrutade delas.

Interesante, verdade? E se agora vos propoñemos que fagades a vosa propia BD sobre Ricardo Carballo Calero? Papel, lapis, cores,...todo vale para poñerse mans á obra! Agardamos as fotos. Que ganiñas de ver as vosas BD!