LETRAS GALEGAS 2020 . ADIVIÑA O PSEUDÓNIMO
Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero é o homenaxeado polo Día das Letras galegas 2020. Nas nosas bibliotecas contamos con algúns exemplares non só da obra do citado escritor senón tamén de estudos que nos achegan a súa figura. Entre estas últimas podemos destacar, posto que está dispoñible na plataforma de libro electrónico GALICIALE:
Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación" de María Pilar García Negro (ed.)
"Nada galego é alleo a Ricardo Carvalho Calero. Esta frase, que recollemos da que el utiliza para definir o seu admirado e querido Ramón Otero Pedrayo, en artigo de homenaxe póstuma que figura nestas páxinas, apropiámola e apósmolla nós a el, como cita dos textos da súa autoría que escolmamos para dar conta-ben que mínima, significativa do inmenso labor bibliográfico que a súa obra supón nas letras galegas do século XX. Esta antoloxía así o certifica comprende un arco temporal de cincuenta e sete anos (de 1930 a 1987) e está integrada por artigos, ensaios, estudos lingüístico-literarios, palestras, colaboracións en prensa periódica e discursos...: seis décadas de dedicación continuada á investigación, análise, interpretación, crítica e divulgación da nosa lingua e literatura, nun labor incesante que non ten parangón no seu tempo, para alén do valor, calidade e versatilidade da súa obra de creación de tódolos xéneros literarios, tamén ao longo da súa vida. Este volume recolle con fidelidade textual unha parte fundamental da súa produción, de interese para profesores, estudantes e público en xeral. Son espello dunha fondura de coñecemento, erudición, rigor documental e calidade de estilo que fan deles leitura imprescindibel como achega a basilar ao tratamento científico da nosa lingua, da nosa literatura e da cultura galega en xeral. Unha obra, en fin, que continúa a ser unha fonte inedulíbel de instrución e de sabedoría pra as galegas e os galegos de hoxe" (texto: editorial)
AUTOR: María Pilar Negro (ed.)
EDITORIAL: Laiovento (Serie: ensaio 378)
PÁX: 258
ISBN: 9788484874614
ANO EDICIÓN: 2010
Dispoñible en GaliciaLe
Ricardo Carvalho Calero é un autor cunha extensa obra e abarcou diferentes xéneros literarios:
POESÍA
-"Trinitarias", 1928
-"Vieiros", 1931
-"La soledad confusa", 1932
-"O silenzo asionllado, 1934
-"Anxo de Terra", 1950
-"Poemas pendurados dun cabelo", 1952
-"Salterio de Fingoi", 1962
-"Pretérito imperfeito", 1980
-"Futuro condicional", 1982
-"Cantigas de amigo e outros poemas", 1986
-"Reticências", 1990
NARRATIVA
-"A xente de Barreira", 1950. Que publicou ó pouco de saír do cárcere. Con ela gañou un concurso establecido pola editorial Bibliófilos Gallegos. E foi a primeira novela escrita no noso idioma que se publicaba trala fin da Guerra Civil.
-"Narrativa completa", 1984.
-"Scórpio", 1987. Recibiu o Premio da Crítica Española para narrativa en galego.
A novela relata a vida de Rafael Martínez Pinheiro, coñecido como Scórpio polo seu signo zodiacal. Unha vida que abarca dende o seu nacemento ata os anos posteriores ó fin da Guerra civil. Nela pódense aventurar certos episodios biográficos da vida do escritor, por exemplo Carvalho Calero atopábase en Madrid para sacar unha oposición cando se inicia a guerra civil, o mesmo lle acontece ó protagonista. Pero a forma de coñecer e presentar a Rafael é moi particular e atrevida, na miña opinión, porque nós nunca escoitamos o seu protagonista, sempre nos achegamos a súa figura a través do que din outras persoas del, en total son 50 narradores, e de feito son estas persoas as que conforman os capítulos do libro.
TEATRO
-"Catro pezas", publicado no 1982.
Carvalho Calero ó longo da súa vida mantívose comprometido coa causa galeguista e contra a ditadura. Así, moitas das súas obras están asinadas baixo pseudónimo. Tendes que lembrar que tivo unha participación moi activa durante a guerra civil, chegando a combater pola República e que foi condenado por un tribunal, chegando a ter que ingresar no presidio. Durante a posguerra tivo que ter coidado co que publicaba, deste xeito lograba sortear á represión de maneira enxeñosa. Empregou varios, pero había un que amosa o profundo respecto e admiración que lle tiña a Ramón Otero Pedrayo.