LANTERNA MÁXICA NO FONDO SUBMARIÑO

Para esta manualidade precisarás:

  • Unha cartolina negra.
  • Unha cartolina branca.
  • Unha funda de plástico.
  • Cinta adhesiva.
  • Un folio.
  • Tesoiras.
  • Rotuladores (mellor se son permanentes)



Unha vez teñas todo... comezamos!
Primeiro tes que recortar a parte máis longa da funda de plástico e pegar o lateral que queda aberto.





A continuación debuxamos sobre a funda o noso fondo mariño. Podes meter un folio dentro da funda mentres o fas para ver ben o que vas debuxando







Agora, quitamos o folio e deixamos que o debuxo se seque durante un anaco. Mentres, debuxamos unha lanterna na cartolina, coloreámola e recortámola.





Chegou a hora de meter a cartolina negra dentro da funda e introducir a lanterna para poder ver o teu propio fondo mariño!!!!



Agora, podes probar tamén a debuxar outros escenarios nos que utilizar a túa lanterna máxica!!