Inglés adultos 3
Speechling. Aprender inglés con ditados
Os ditados son unha ferramenta excelente para mellorar o noso oído e a nosa comprensión. Se buscades en internet hai un montón de sitios web que nos permiten practicalos, pero algúns son mellor que outros. Speechling é o meu sitio favorito, Speechling céntrase na comprensión auditiva e na fala.
Este sitio web vainos permitir practicar inglés ou outros idiomas. Nun despregable podemos seleccionar o noso nivel do idioma, tamén podemos seleccionar o xénero da persoa que fai a locución. Ademais, podemos aprender un montón de outras cousas coma vocabulario ou expresións básicas.
Neste vídeo, explícoche o fácil que é de utilizar! Próbao e verás como mellora o teu oído!
Imagen de Free-Photos en Pixabay
Comentarios
Publicar un comentario