Hoxe conta comigo... A que sabe a Lúa?

A que sabe a Lúa? cóntanos unha historia na que o traballo en equipo, a colaboración, a solidariedade, a amizade, conseguen que un grupiño de animais logren unirse por un obxectivo común acadando aquilo co que soñaban.
Lémbravos a algo?. Nós estivemos pensando que ten moito que ver co que está a acontecer estes días, porque entre todos e todas estamos colaborando por unha causa común. Igual ca no conto, imos aportando cada quen ata onde pode: uns quedando na casa, outros traballando para que teñamos alimentos, outros nos hospitais,... Estamos vendo como unidos e unidas por unha causa común somos máis fortes.
Se tendes este conto nas vosas casas animámosvos a que o releades. De non ser así no seguinte enlace da editorial Kalandraka podedes desfrutar desta contada:
Os animaliños chegaron moi alto. E vós? Medrastes estes días? Seguro que si. Animádesvos a medirvos?. Xa chegades á Lúa?.
A que saberá a Lúa? Agardamos as vosas respostas!