FROTTAGE. Debuxos con tacto
O debuxo e a pintura son experiencias eminentemente visuais, pero a través delas podemos transmitir sensacións que non se limitan só á cor ou á forma. Tamén podemos reproducir o efecto de movemento ou impresións táctiles. Para conseguir isto último dotamos ás imaxes de diferentes texturas a través de moitas técnicas coas que suxerimos un material determinado, de maneira que cando observemos o debuxo recordemos o tacto que ten ese material. Por exemplo a aspereza ou suavidade da madeira, a rugosidade dunha pedra, o pelaxe dun animal…
Moitos artistas usaron a técnica do frottage, coa que “tomaban” texturas do lugar máis inesperado e a partir delas traballaban sobre o que estas lles suxería.
Un dos exemplos máis coñecidos foi o artista surrealista Max Ernst. El creaba seres e paisaxes imaxinarios, coma de outros mundos grazas ás texturas que atopaba ao seu redor e que “atrapaba” nos seus papeis e lenzos.
A nosa proposta desta semana é que “atrapedes” cos vosos lapis todas as texturas posibles que atopedes ao vosos redor. Só necesitaredes papel e lapis. Podedes usar tamén ceras ou lapis de cores. Trátase de ir probando con que conseguimos o mellor resultado, e ir xuntando unha especie de mostrario co que despois deixar voar a nosa imaxinación.
Unha idea é que aproveitedes os vosos paseos diarios (agora que poderemos saír un ratiño á rúa!) para recoller algunha folla ou pedra que vos poida servir
Na casa tamén atoparedes moito material interesante: roupa, botóns, paredes, útiles de cociña, manteis…
Elixide un obxecto ou lugar que teña un releve marcado. Para saber identificar isto só teredes que pasar un dedo ou a man enteira encima da superficie. Pechando os ollos seravos máis sinxelo darvos conta de que cada material e cada forma crea unha sensación especial que viaxa dende a nosa pel ata a nosa mente.
De seguido colocade un papel enriba da superficie que queredes “atrapar” e pasade o lapis ou a cera un pouco deitada (non de punta) varias veces ata que apareza unha mancha.
Podedes improvisar animais ou personaxes mesturando varios obxectos. Non importa se no momento non se vos ocorre que debuxo facer, canto máis teñades explorado, máis ideas teredes despois. E só coa experiencia de descubrir as texturas cos ollos pechados xa supón unha experiencia importante e divertida.
Tamén podedes recortar formas en cartolinas e crear unha imaxe frotando. Poñedes o recorte por baixo do folio, que é máis fino que a cartolina, e desta maneira conseguiredes que, como por arte de maxia o debuxo vaia aparecendo no papel.
Como a cartolina é lisa e non deixa textura, podedes aproveitar para poñer unha tela ou mantel de plástico, coma fixemos nós, para conseguir unha trama de liñas de fondo.
Que vos divirtades!

![]() |