EXPERIMENTANDO....

Tinta invisible
Imos a crear a formula de crear mensaxes secretos, que só os mellores investigadores poderán descifrar, mediante materiais do máis básico.Materiais
Bastón de algodón
Limón
Papel branco
Auga
Ala imos...
Esprememos o limón nunha cunca e engadimos unha cullerada de auga e mesturamos todo
Escribimos a nosa mensaxe co bastón de algodón ou pincel e deixámolo secar uns intres
Poñendo unha vela debaixo do noso papel ( sen acercala moi preto , para evitar queimalo) descubriremos así o noso mensaxe.
E... por que?
O zume de limón oxidase e ponse de cor marrón cando se quenta, o que fai posible ler o escrito.
Ovo saltarín
Converteremos un ovo, na nosa nova pelota saltarinaMateriais
Ovo
Bote de cristal con tapa
Vinagre
Imos aló....
Introducimos o ovo no bote de cristal e vertemos o vinagre no interior tamén hasta enchelo case por completo e tapamos.
Deixámolo repousar durante aproximadamente dous días e sacamos o ovo con moito tino
Secámolo amodo e ...xa temos a noso ovo saltarín, a votar, aínda que sempre debe ser sobre algunha superficie e ter moito ollo de non facelo dende demasiado alto ou romperá, non esquezades que por dentro segue sendo líquido.
E... por que?
O meter o ovo en vinagre, prodúcese unha reacción química que disolve a cáscara do ovo, entrando así en contacto coa clara. O ácido acético do vinagre, fai que a superficie quede grosa e gomosa.
Arco da vella
Improvisaremos nuns intres e de maneira moi simple un colorido arco da vellaMateriais
Vasos
Papel de cociña ou
Colorante, acuarela ou tempera... de cores azul, amarelo, vermello e
Imos aló ......
Colocamos os tres vasos, enchendo de auga pola metade cada un deles
Disolvemos as cores, nos vasos
Enrolamos cada papel como se fose un tubo, e introducimos cada extremo, dentro de cada un dos vasos, tendo que tocar as puntas do papel o fondo de cada vaso.
Esperamos uns minutos para que vexas como o papel vai adquirindo o color da auga e mesturándose cos outros.

E por que...??
A forza intermolecular entre as moléculas da auga coloreada é menor que a adhesión do líquido co material do tubo, o que fai que ascenda polo papel ata atoparse co líquido do outro bote.
O globo máxico
Inflaremos un globo sen a necesidade de soprar , pura maxia? ....Materiais
Globo
Vinagre ( medio vaso)
Bicarbonato sódico ( 4 culleradiñas )
Botella de plástico
Imos aló...
Botamos o medio vaso de vinagre, dentro da botella de plástico
Introducimos dentro do globo ,o bicarbonato sódico e asegurámonos que quede ben o fondo do mesmo.
Encaixamos con moito tino, o globo na boca da nosa botella, e evitando que no proceso non caía o bicarbonato dentro da botella aínda.
Cando xa o teñamos listo, suxeitamos o globo e agora si, deixamos que o bicarbonato caia sobre o vinagre
E observa o que acontece. O noso globo, irase inflando pouco a pouco.
E..... por que?
A reacción química que se produce o mesturar o vinagre e o bicarbonato sódico, libera un gas chamado dióxido de carbono. Unha das propiedades máis características dos gases é que tenden a ocupar todo o espazo no que se atopan.
A divertirse experimentando!!
Photo by Alex Kondratiev on Unsplash