ENREDANDO CON PAPEL 3

Facendo estrelas

Seguimos enredando có papel. Tócalle a quenda ás estrelas. Temos un montón de modelos de estrelas que podemos facer coa técnica da papiroflexia. Podemos facer estrelas de 4 puntas, de seis, en 3D, de nadal… Ao remate do titorial poñeremos coma sempre un enlace a unha páxina web que nos pode axudar a profundar na construción de estrelas con papel, pero nós hoxe non imos a centrarnos en facer unha simple estrela, o noso titorial de hoxe consistirá en facer coas nosas propias mans unha estrela ninja, xa que ademais de pasar un bo rato facéndoa, poderemos aproveitar despois para xogar con ela. A súa realización non é complicada pero ten algún paso que pode levar a confusión polo que intentaremos ser o máis claros posible á hora de explicalo e acompañarémolo con fotos de cada paso. Sen máis, comenzamos co titorial:

Estrela ninja (shuriken).



O que precisaremos para facer a nosa estrela ninja serán dúas follas cadradas do mesmo tamaño. O ideal é que sexan de cores distintas pois así destacará máis.


Collemos unha das follas, no meu caso a raiada, e a dobraremos pola metade para marcar o medio. Desdobramos e dobramos esta vez dende o borde ata a marca que fixemos antes do medio. Facemos o mesmo coa outra parte.


A continuación dobramos outra vez hacia dentro. Unha vez feito isto, dobramos pola metade para marcar como se observa nas imaxes.


O seguinte paso é facer o mesmo que fixemos ata agora pero coa outra folla. O final deberiamos ter as dúas follas así coa parte aberta hacia abaixo.


A continuación, collemos unha das follas e levamos o borde dereito da folla hacia abaixo, facéndoo coincidir coa raia do medio. Despois facemos o mesmo coa parte esquerda pero desta vez levándoa hacia arriba.


Tócalle agora a vez á outra folla. Se antes comenzamos dobrando a parte dereita hacia abaixo, agora comezaremos dobrando a parte dereita hacia arriba e despois a parte esquerda hacia abaixo. Ao rematar deberiamos ter estas dúas figuras.


O seguinte paso consiste en darlle a volta ás follas.


Volvamos agora a traballar con unha das figuras. Collemos a primeira e agarrando a esquina superior a dobramos facendo un triángulo. Despois facemos o mesmo coa esquina inferior, dobrándoa pola metade ata ter outro triángulo. Ao final deberiamos ter algo así.


Despois disto temos as dúas figuras da seguinte maneira.


A continuación colleremos unha das figuras e imos a facerlle unas dobreces pero serán soamente para marcar. O que temos que facer é coller a punta da esquina da esquerda e dobrala hacia arriba. O mesmo faremos coa esquina de arriba dobrándoa hacia abaixo. Despois desdobramos. A mesma operación faremos coa outra figura, repito que soamente é para marcar xa que despois desdobraremos deixando as nosas figuras como están agora.


O paso seguinte é darlle a volta a unha das nosas figuras, so a unha, no meu caso dareille a volta a figura da dereita.


Xa temos case rematada a nosa estrela nija pero agora chega a parte máis complexa. O primeiro que facemos e colocar unha das figuras enriba da outra, da forma que se mostra na imaxe.


Colleremos agora a esquina de arriba (a raiada) e a dobraremos hacia abaixo pero introducindo a punta no oco que nos deixa o triángulo que ten a súa dereita. Fíxate ben nas imaxes.


Facemos agora o mesmo coa esquina de abaixo. Tamén a dobramos e a introducimos dentro do triángulo que ten a esquerda. Ao final teremos algo como isto.


Damos a volta a nosa figura e facemos o mesmo coas esquinas que nos quedan. No exemplo que mostramos, comenzamos coa esquina da esquerda e a dobramos introducindo a punta no oco que temos na parte raiada. Despois facemos o mesmo coa esquina da dereita.


Axustamos e apertamos ben todo e xa temos feita a nosa estrela ninja.


Se despois de facer esta estrela ninja quedaches con ganas de probar a facer outras, deixamos o enlace á páxina web comohacerorigami.net onde poderás atopar outro tipo de estrelas e incluso un titorial en vídeo da estrela ninja feita hoxe. O enlace é o seguinte.

Agardando que o titorial fora do teu agrado, despedímonos por hoxe.