ENREDANDO CON PAPEL 1

FACENDO AVIÓNS

Sabedes o que é o “origami”? Seguro que si vos falo de papiroflexia xa o entendedes mellor. O origami é un termino xaponés que fai referencia a arte ou técnica de realizar figuras u obxectos con follas de papel dobrándoas sucesivamente. E que mellor ocasión que estes días para adestrarnos un pouco neste mundo. Soamente precisaremos papel, incluso podemos recíclalo polo que será moi doado poder atopalo por casa. No día de hoxe intentaremos facer uns avións de papel. En concreto tráiovos tres modelos diferentes, os tres moi sinxelos. Os dous primeiros son avións que lembro dende pequeno, o terceiro saqueino da páxina foldnfly.com, páxina que ao final comentarei xa que si nos gustou o visto hoxe, alí poderedes atopar un montón de modelos máis.

Avión básico



O primeiro modelo que vos amoso aquí é o máis sinxelo e doado de facer. Este avión recorre bastante distancia, é veloz e ten un voo recto. Os pasos para poder realizalo son os seguintes PREME AQUÍ

Avión planador nº 1



O segundo modelo que levaremos a cabo será un avión planador. Este avión é un pouco máis complicado que o anterior máis segue a ser sinxelo de facer. O comportamento no aire deste avión é diferente xa que dará máis voltas e tenderá a aguantar máis voando. Os pasos para facelo, son os seguintes PREME AQUÍ

Avión planador Nº2



Nesta ocasión non é un modelo que eu lembre da miña infancia, esta vez está sacado da páxina web foldnflay.com, páxina da que falaremos despois. Este avión ten unha dificultade media de realización aínda que seguro que seguindo os pasos que deixamos non ides a ter problema ningún. Se algo destaca deste avión é a súa estabilidade. E sen máis imos a ver os pasos para poder realizalo PREME AQUI