DOCE DE CHOCOLATE

Esta receita é axeitada para elaborar con crianzas pola súa sinxeleza e rápida elaboración.

Ingredientes:



Primeiro cortamos o plátano, mellor que estea ben maduro. Se empregamos un coitelo de eses que apenas cortan, poderano facer as crianzas máis pequenas. Neste exemplo é un neno de 2 anos.



Despois esmagamos cun garfo, en realidade non é un paso para nada imprescindible. Pero estarémoslle dando a oportunidade á crianza de exercitar outro movemento e mellorar a súa motricidade fina.



Por outro lado batemos un ovo.



Engadimos unha cullerada pequena de cacao puro.



Remexemos todo.



Engadimos o plátano ao ovo e cacao.



Batemos todo.



Engadimos noces ao gusto, poden ser enteiras e botalas agora, ou se as queremos trituradas engadilas no paso anterior.






Os máis larpeiros podedes engadirlle un pouco de nata.



UMMM!!!!