DEPORTE NA CASA 1

Neste espazo de saúde e deporte, compartiremos adestramentos diarios, para manternos activos e non perder a nosa rutina.
Para aquelas persoas que non fan deporte, ou aínda están empezando, ¡¡¡benvid@s!!!, non debedes preocuparvos, xa que todos os adestramentos serán adaptados as capacidades físicas de cada un.
Cada un de nós empeza desde un punto de saída diferente, xa que as condicións físicas ou as capacidades e as aptitudes para facer exercicio son diferentes entre as persoas. Por iso é moi importante desfrutar do deporte deixando a un lado a competitividade e as comparacións que só nos levarán a frustrarnos e abandonar. E ese non é obxectivo ¿verdade?
Para facilitar os adestramentos iranse colgando exercicios,, xunto con un texto explicativo e aqueles exercicios que sexan más complexos irán acompañados con un vídeo para ver como se realiza correctamente e así evitar posibles lesións.
Conforme os vaiades unindo aos adestramentos, poderedes ir compartindo as vosas experiencias, e realizar preguntas acerca de dúbidas que vos vaian xurdindo.
Todos os adestramentos estarán compostos por exercicios que se poden realizar na casa, sen necesidade de contar con materiais deportivos específicos. Servirán para moitos exercicios útiles que xa temos en casa como cadeiras, botellas de auga...
Todos os adestramentos irán formados por:
Quecemento (Warm up)
O adestramento
Estiramentos

Dito todo isto, comezamos: ¿PREPARADOS?

EXPLICACIÓN DOS EXERCICIOS:

Jumping jacks

Flexións(Push up)
 
Sentadilla (Air squat)
 
Abdominais(Sit ups)

Para facilitar o exercicio podemos colocar un pequeno coxín nas lumbares.
Palabras clave :
Quecemento ( warm up )
Flexión ( push up )
Sentadilla ( air squat )
Abdominais ( sit up )

ADESTRAMENTO 1:

Are you ready? Let´s go….
Warm up: 2 rondas ( facer dúas veces toda a sesión de exercicios por orde)
30 segundos movemento circular dos ombreiros.
20 jumping jacks
5 push ups
5 air squat, baixando en 5 segundos e aguantando abaixo 3 segundos, subindo en 1 segundo.
5 sit ups.

Adestramento: Durante 10 minutos. AMRAP (As many rounds as possible).
5 push ups
10 air squat
15 sit ups.
É importante que as secuencias de exercicios sexan as marcadas e na orde establecida.
Intentade chegar as 5 rondas completas.
Non pasar ao seguinte exercicio sen terminar o primeiro.

ESTIRAMENTO:

Estiramento de cuadriceps
 
Estiramento de triceps
 
Estiramento de abdomen e lumbares

En cada estiramento, manteremos a posición entre 15-30 segundos.

Ánimo a todos, e vémonos no seguinte adestramento.