DECORAMOS CAMISETAS
Ola… todo/as temos na casa unha camiseta a que nos gustaría darlle un retoque, é dicir tuneala para que pareza outra. Desta vez vamos a decorar a nosa camiseta dun xeito moi sinxelo, sen complicacións de costura. Vamos a customizar…
● ceras
● papel de forno
● prancha
● cartón

Materiais:
● camiseta a poder ser lisa● ceras
● papel de forno
● prancha
● cartón
E agora que facemos?
Eliximos o deseño para estampar na nosa camiseta.
Afiamos ceras de diferentes cores. Podemos colocalas en botes separados por cor ou mesturar todo no mesmo bote (queda ao voso gusto)

Colocamos un cartón dentro da camiseta, de xeito que nos quede entre as dúas telas da camiseta.

Unha vez ben estirada a camiseta colocamos o deseño elixido.

Unha vez ben estirada a camiseta colocamos o deseño elixido.

Comezamos a estender amodo as lascas das ceras con coidado de non saír do contorno do deseño elixido.

Cando estea todo o deseño con cera, sen mover a camiseta, colocamos o papel de forno encima. Agora é o momento de ter a prancha quente e dun xeito suave e sen presa, pranchamos para que a cera se derreta e se impregne na camiseta.