DE PROFUNDIS

Baseada na técnica de pinturas ó óleo, é unha fermosísima historia de amor: No fondo do mar atópase unha casa que acolle a unha muller mentres agarda a volta do seu amor, un pintor seducido polos segredos do mar e que sempre desexou ser mariñeiro, tocando o violoncello.
Neste traballo a historia transmítese non só a través das ricas imaxes senón mediante a música, composta por Nani García e interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia.
Esta curtametraxe está dispoñible na plataforma GaliciaLe.
PROPOSTAS DE ACTIVIDADES:
1. A realización dun musicograma en familia. Cada membro da familia será o propio "director" e "compositor" de cadanseu musicograma, pero en vez de música realizada mediante o emprego de distintos instrumentos intentarase crear música a través dos ruídos cotiáns (con cousas que xa temos no noso domicilio). Por exemplo: bater palmas, simular un ronquido, golpear unha cazola, subir e baixar de intensidade con vogais, abrir e pechar unha porta... Para representalo cada membro da familia terá que debuxar unha espiral nunha folla de papel. Nas liñas que conforman a espiral deberase indicar os ruídos que usou para "compoñer" a súa obra. E logo, como se fose un/unha director/a de orquestra armarase cunha "batuta" e sinalará no seu musicograma a secuencia dos ruídos que terán que ser interpretados polos demais. Por exemplo: ronquido-peche porta-ronquido-ronquido- bater palmas... Dependendo da idade dos/as nenos/as pois asumirán maior ou menor protagonismo: na elaboración do musicograma, na realización dos sons...
2. Experimento coas cores. Este é un experimento moi sinxelo de facer, pero aos/ás cativos/as sóelles gustar. Ademais non é preciso de moitos materiais para poder desenvolvelo. De seguro que por internet atoparedes máis información pero eu vouvos indicar brevemente como levalo a cabo.

-Leite
-Follas de papel
-Prato branco
-Colorante alimentario en estado líquido
-Xabón líquido para lavar os pratos
-Pinturas de cores
-Bastonciño
Elaboración:
Vertemos nun prato branco un chisco de leite. E sobre el unhas gotas de distintos colorantes alimentarios. Posteriormente cun bastonciño, que previamente teremos que mergullar en xabón líquido para pratos, iremos tocando a superficie do leite, facendo que as gotas de colorante se dispersen creando deste xeito distintos formas. Se logo poñemos unha folla en branco e prememos sobre o prato lograremos que a folla de papel quede impresa con esas formas. Deixamos a folla a secar, e unha vez seca os/as cativos/as poden completalo cos seus propios debuxos. A min lémbrame ó xogo de ver formas nas nubes cando as vemos pasar, é divertido é dificilmente dúas persoas coinciden nas súas apreciacións. Da como resultado uns debuxos moi "oníricos" e imaxinativos.

Photo by Joshua Earle on Unsplash
FONTE IMAXE: http://lafilmotecadesantjoan.blogspot.com/2011/09/el-viejo-y-el-mar-de-aleksandr-petrov.html