DÁNDOLLE O COCO 1

O cego e a gaivota

Quen ten ganas de romper o coco?

Hoxe, vinme arriba e recordei unha das adiviñas máis complicados que me presentaron ao longo da miña vida. E como estamos confinados, e moitas veces non sabemos nin que facer.
Os teléfonos móbiles xa botan fume e as plataformas dixitais van polo mesmo camiño… Pregúntome, por que non activamos un pouco as neuronas dándolle unha volta á seguinte adiviña?



Regras do xogo
Cada persoa que queira xogar pode facer as preguntas que precise (nos comentarios de aquí abaixo) e estas só poderán ser contestadas por min cun “si”, “non” ou “non é relevante”.
O obxectivo é saber que pasou para que o home se quitase a vida e o por que.
Como son boa, déixovos unha pista máis…
Antecedente: Este home cego sufriu un naufraxio nun barco e o resto de sobreviventes axudáronlle a chegar nadando a terra (a unha illa deserta), con todo, a súa muller faleceu no accidente.
A ver que sae de aquí… MOITA SORTE

P.D. Non vale buscar en google o resultado (que nos coñecemos). E por favor, quen xa saiba a solución que non a desvele.