Curtametraxes con valores

Tod@s queremos crear un mundo máis sostible, con economías estables e sociedades máis xustas e inclusivas. Un obxetivo ambicioso... pero posible si contamos coa implicación dunha cidadanía responsable e compretida, todo é posible.

Pero… @s cidadáns exemplares, non nacen… vanse facendo ao longo do seu ciclo vital. Ao nacer, os nosos fillos non son bons nin malos, descoñecen as normas que rixen a súa familia ou a súa sociedade. A súa conciencia ética vaise desenrolando co paso dos anos. Pero para iso…. precisan da nosa axuda.

Partindo de que os valores son as normas de conducta e actitudes segundo as cuais nos comportamos e que están de acordo con aquelo que consideramos correcto, a nosa función e a nosa responsabilidade como educadores é transmitir mediante o exemplo as mesmas. O noso exemplo como adultos na nosa vida cotiá, na forma de relacionarnos cos demáis, de pedir as cousas, de ceder o asiento, de respetar aos demáis, de renunciar a algo, de defender os nosos dereitos, etc. basado na trasmisión da tolerancia, respeto, solidaridade, confianza e sinceridade será a clave para que @s menores incorporen estes valores no seu comportamento con normalidade e cheguen a facelos propios.

Os valores poden variar moito según as culturas, as familias e os individuos, pero a pesar desta diferenciación, hai comportamentos que son considerados como aceptables en todos os ámbitos.

Despois de indagar por diferentes páxinas web, referidas a este tema, fun recollendo diferentes curtametraxes que debido a súa brevedad resultan de moita utilidade para poder tratar temas importantes como a amistade, a solidariedade, o amor, o respeto hacia os demáis, o traballo en equipo….

Achégovos 11 curtametraxes onde figura o título, o enlace de youtube e unha pequena síntese.

!!ESPERO SEXAN DO VOSO AGRADO¡¡

1. LOU
Lou, é unha orixinal criatura, que se converte en testigo dos abusos dun dos nenos do colexio, ao resto de compañeir@s. Pero lexos de quedarse quedo, decide poñer fín a estos abusos con un intelixente plan...


2. CUERDAS
Curtametraxe onde a ternura, a amistade, o respeto, a tolerancia, e a empatía se mesturan nunha bonita historia


3. TRABALLO EN EQUIPO PINGÜINOS, FORMIGAS E CANGREXOS
Unha divertida proposta animada para amosar os beneficios do traballo en equipo, seleccionando a tres animais que dada a súa natureza tenden a actuar en grupo: os pingüinos, as formigas e os cangrexos.


4. MONSTERBOX
Está centrado na relación entre unha persoa de avanzada idade e unha nena. O seu obxetivo é ofrecer unha visión sana e divertida da amistade entre as persoas, independientemente da idade.A curtametraxe amosa cómo a educación emocional ten gran importancia na expresión das emocións ou cómo a paciencia tamén é esencial poara cultivar este valor cos demáis.


5. O PORCOESPÍN
Unha visión diferente do bullying desde a perspectiva dun porcoespín que, debido as súas espiñas, é rechazado polo resto d@s compañeir@s. Mediante a empatía e amistade por parte do seu entorno, consegue ser aceptado recibindo un curioso regalo dos seus amigos


6. A HONESTIDADE
Para ser honestos coas persoas que nos rodean, primeiro temos que selo con nós mesmos. Este valor manifestase a través dunha partida de axedrez na que un ancián xoga contra sí mesmo. ¿Quén gañará?. Resulta esencial o valor de non enganarnos a nós mesmos e mostrarnos tal e como somos.



7. LAVA
Esta curtametraxe de Pixar, dirixida por James Ford Murphy e inspirado en Hawai, conta a historia de dous volcéns, Uke e Lele, un sumerxido nas profundidades do océano e outro na superficie que se enamoran pero non poden estar xuntos debido a distancia. Esta curta crea un clima de amor, esperanza, paciencia e recompensa.

8. RETROCYCLING ROBOT
Esta curta relata de xeito divertido a importancia da reciclaxe e a necesidade de que tod@s poñamos o noso gran de area nesta tarea para poder vivir nun mundo máis sostible.


9. MANEXO DE CONFLICTOS
Cuando convertimos un conflicto en algo persoal, terminamos perdendo a perspectiva dos objetivos que perseguíamos. Ante esto, hai que manter sempre a obxetividade.


10. PIPER
Unha curta de Pixar, tenra, máxica e maravillosa que nos invita a facer frente aos nosos medos.


11. O CONTO DO CORDEIRO BOUDIN
Nesta curta podemos entender que a vida son cambios e ante cada cambio o único que vale é a non rendición e a fortaleza da nosa propia mente para facer frente á adversidade, aplicando novas estratexias para sair fortalecidos e renovados.


12. O MUNDO ESTÁ CAMBIANDO
Preciosa curta na que se conta a historiadun mundo construido sobre un sistema mecanizado qu efavorece só a uns poucos, pero que está na nosa mán poder cambialo.
Se queremos cambiar o mundo; necesitamos cambiar a forma de percibilo. O cambio está nas nosas máns.