CURSO DE ANDROID PARA MÓBILES. INTRODUCIÓN E LECCIÓN 1

Este curso vai dirixido especialmente a persoas maiores interesadas en aprender como manexar

mellor o seu teléfono móbil. Preténdese proporcionalos coñecementos mínimos necesarios para a utilización de calquera dispositivo Android, especialmente os móbiles. Explicalo seu funcionamento, sacándolle o máximo rendemento a tódalas prestacións dos dispositivos móbiles de última xeración, dende as tarefas relacionadas co funcionamento e configuracións básicas, ata a utilización do sistema de arquivos para xestionar documentos e imaxes, a navegación na internet, descarga de datos e aplicacións, configuracións e-mail, etc.

Procurarase facelo dun modo ameno e sinxelo coa axuda de manuais divididos en diferentes leccións. Todo iso traballando co teu propio Smartphone (requisito imprescindible).

OBXECTIVOS:
Recoñecer as partes, utilidades e conceptos propios dun móbil..
Gardar, engadir, buscar, modificar, eliminar "Contactos".
Crear, modificar, eliminar un evento no calendario.
Instalar e desinstalar unha aplicación.
Visualizar, borrar, enviar fotos ou vídeos do noso teléfono (unha a unha, ou varias xuntas)
Conectarse a unha rede WI- FI, acender e apagar "o noso Internet" no móbil.

CONTIDOS:
Lección 1. Botóns e primeiros pasos.
Lección 2. Pantalla táctil e teclado.
Lección 3. Menús e persoalización.
Lección 4. Chamadas e contactos.
Lección 5. Conexión a redes e uso de internet.
Lección 6. Cámara e galería de fotos.
Lección 7. Instalar e desinstalar aplicacións.
Lección 8. Aplicacións útiles: Calculadora, calendario, alarma...

Empezamos!!

LECCIÓN 1. BOTÓNS E PRIMEIROS PASOS.

CONTIDOS:
· Partes.
· Acender, apagar o dispositivo. ( PIN)
· Iniciando Android por primeira vez
· Crear, sincronizar conta de Google.
· Servizos de Google
· Pantalla principal.
· Como desbloquear o teléfono.

1. PARTES

Hai infinidade de modelos e marcas pero en xeral todos teñen os mesmos botóns, cambiando unicamente a localización dos mesmos.
· Obxectivos da cámara e flash: Atópanse na parte posterior do dispositivo.
· Auricular: Mediante el escoitaranse as conversas telefónicas.
· Cámara frontal: Atópase na parte anterior do dispositivo.
· Botóns para subir ou baixar o volume: Pódese escoller o volume das chamadas, da música que escoites, das alarmas, etc...
· Botón de acendido e apagado: Para acendelo hai que premer uns segundos. Tamén para apagalo. Se simplemente se fai un clic bloqueas o dispositivo.
· Fenda para tarxeta sim e sd: Nelas introdúcense a tarxeta SIM e a tarxeta de memoria SD do noso dispositivo.
· Entrada de auriculares: Serve para escoitar polos auriculares e para o mans libres sen molestar a ninguén.
· Fenda para cargala batería do dispositivo: A batería é a que da autonomía o dispositivo e precisa ser recargada segundo a intensidade do uso.
· Altofalante: Atópase na parte de abaixo dos dispositivos.
· Botón de aplicacións: Está na parte frontal abaixo a esquerda. É un botón táctil, normalmente ten un debuxo dun cadro, e serve para ver e cerrar as aplicacións que temos abertas.
  Ver vídeo
· Botón volver atrás: Está na parte frontal abaixo a dereita. É un botón táctil, normalmente ten un debuxo dunha frecha invertida, e serve para ir dende onde estamos a pantalla anterior na que estivemos.
· Botón principal: Está na parte frontal abaixo no medio. É un botón táctil, normalmente ten forma rectangular, cando o pulsamos serve para ir directamente a pantalla inicial do móbil.

2. ACENDER, APAGAR O DISPOSITIVO. (PIN)

Unha vez pulsemos o botón de aceso que está no lateral do teléfono, veremos pasar pantallas de introdución (con logotipos dos fabricantes e da compañía), e chegaremos ata unha pantalla na que se nos pide o número PIN.
O PIN é o número secreto para impedir que ninguén use o noso teléfono. É un número que teremos que lembrar, pois en caso de introducilo erroneamente 3 veces seguidas, o teléfono bloquearase. Para desbloquealo debemos introducilo número PUK que é un código co que podes desbloquear a tarxeta SIM no caso de que introducises de maneira errónea o PIN tres veces.
Se introduces o PUK máis de dez veces mal, a tarxeta SIM quedará inutilizada. Neste caso deberás acudir a un distribuidor para conseguir unha tarxeta nova.
Ver vídeo

3. INICIANDO ANDROID POR PRIMEIRA VEZ

A primeira vez que acendas o teu dispositivo indicaráseche que toques o logotipo de Android para comezar a utilizar o teléfono.
A continuación, se che pedirá que crees unha conta de Google ou que accedas a unha conta existente e deberás tomar unhas decisións iniciais sobre como desexas utilizar as funcións de Google e Android.
NOTA: Este proceso non é sempre o mesmo.

4. CREAR, SINCRONIZAR CONTA DE GOOGLE.

Debes acceder a unha conta de Google para utilizar Gmail, Google Calendar e outras aplicacións de Google, para descargar aplicacións de Play Store, para realizar copias de seguridade da túa configuración en servidores de Google e para sacar proveito doutros servizos de Google no teu dispositivo. Se non dispós dunha conta de Google, pediráseche que crees unha.
Cando accedas a túa conta, no teu dispositivo sincronizaranse os contactos, as mensaxes de Gmail, os eventos de Calendar e outra información relacionada con estes servizos e aplicacións que estea na Web.
Se non accedes a unha conta de Google durante a configuración, pediráseche que accedas ou que crees unha conta a primeira vez que inicies unha aplicación que necesite utilizala, como Gmail ou PlayStore.
Ao acceder a túa conta, pediráseche que introduzas o teu nome de usuario e o teu contrasinal mediante o teclado en pantalla.

5. SERVIZOS DE GOOGLE

Cando accedas a túa conta, preguntaráseche se desexas utilizar os seguintes servizos de Google.
· Localización: Podes seleccionar se desexas utilizar o servizo de localización de Google, que proporciona ás aplicacións a túa localización aproximada sen utilizar GPS, e se desexas utilizar a túa localización para os resultados de procura de Google e para outros servizos de Google.
· Copia de seguridade da configuración: Podes seleccionar se desexas crear copias de seguridade da configuración da túa conta de Google, como os marcadores e as contrasinais Wifi, nos servidores de Google. Desta forma, cando necesites substituír o teu dispositivo, a túa configuración restaurarase no
· Data e hora: Se non estás conectado a unha rede móbil, pediráseche que establezas a data e a hora no teu dispositivo

6. PANTALLA PRINCIPAL.

Ao acceder o teu dispositivo, abrirase a pantalla principal. A pantalla principal é o punto de partida para acceder a tódalas funcións do dispositivo. Nela aparecen iconas de aplicacións, widgets, accesos directos e outras funcións. Podes personalizar a pantalla principal con diferentes fondos de pantalla e mostrar os elementos que desexes.

7. COMO DESBLOQUEAR O TELÉFONO.

Se non utilizas o dispositivo durante un tempo, a pantalla principal, ou calquera outra pantalla que esteas a ver, substituirase pola pantalla de bloqueo e, a continuación, atenuarase a pantalla para aforrar batería. Pulsa o botón de bloqueo, se a pantalla non está bloqueada cun patrón ou contrasinal, aparecerá a pantalla de bloqueo. Desliza o dedo pola pantalla e abrirase a última pantalla que estiveses a ver. Tamén podemos “suspender” nós a pantalla, pulsando o botón de aceso cunha lixeira presión.
Se a pantalla está bloqueada cun patrón ou contrasinal, deberás debuxar o patrón de desbloqueo ou inserir o contrasinal para desbloqueala.


Photo by Leon Seibert on Unsplash