CURSO DE ANDROID PARA MÓBILES. LECCIÓN 8

APLICACIÓNS ÚTILES

CONTIDOS:
APLICACIÓNS PARA FACER MÁIS ACCESIBLE O MÓBIL.
· Big launcher: tamaño de iconas e accesos directos...
· Teclado swiftkey: teclados máis grandes e accesibles...
· Goodev: aumento do volume do son...
APLICACIÓNS RELACIONADAS CA SAÚDE.
· Saúde Móbil: Catálogo de apps e servizos do Sergas...
· Cita Sergas: Xestionar citas do Sergas...
· Medisafe: xestionar os medicamentos...
· Presión arterial: medidor e rexistro de datos médicos...
· Diario de peso: control, rexistro e suxestións do peso...
· Podómetro-Contador De Pasos: control de distancias, calorías...
· Mysugr-Diario De Diabetes: seguimento dos niveis de azucre...
APLICACIÓNS DE EMERXENCIAS, AXUDA E LOCALIZACIÓN.
· Emergencia: contactos rápidos con teléfonos de emerxencia...
· Safe365: xeolocalizador de persoas...
· Beprevent: Seguimento de rutinas e hábitos diarios dun familiar...
APLICACIÓNS DE XOGOS OU AXILIDADE MENTAL.
· Luminosity: Minixogos, adestramento cognitivo...
· Codycross-crucigramas: pasatempos, crucigramas...
· Chess free: Xogar o xadrez só ou con outras persoas...
· Entrena tu cerebro: Estimulación cognitiva...
OUTRAS APLICACIÓNS ÚTILES:
· Maisbus: Información sobre os autobuses en Santiago...
· Linea Verde: Comunicación de incidencias en Santiago...
· Sherpa Assistent: Facilitador de información personalizada...
· Inkpad: panel para apuntar de notas...
· Radios de España: Accede a Radios de toda España...
· Storytel: Miles de audiolibros e ebooks...
· Sénior Match: contactar con outras persoas afíns...

Relacionado co tema anterior, instalar e desinstalar aplicacións, neste tema 8 vamos a completalo círculo a través de recomendacións dalgunhas aplicacións que consideramos moi útiles e recomendables. As agruparemos por temática ou por funcionalidade.

Sinalaremos aplicacións que serven para facilitar o sistema operativo e a súa visualización, apps moi útiles para mellorar a súa seguridade e a tranquilidade dos familiares, e tampouco poden faltar nesta lista as aplicacións máis divertidas que farán adestrar a súa memoria á vez que facerlles pasar un bo intre.

Recordade que para instalalas aplicacións e moi sinxelo e faríase tal como se explica na lección 7 deste mesmo curso.

1. APLICACIÓNS PARA FACER MÁIS ACCESIBLE O MÓBIL:

· BIG LAUNCHER: esta app serve para mellorar a accesibilidade do móbil, aumentando a aparencia das iconas e a disposición dos accesos directos.

· TECLADO SWIFTKEY: esta aplicación proporciona facilidade de uso grazas a un teclado formado por botóns extragrandes.



· GOODEV: esta aplicación poderá aumentar o volume do dispositivo, dende o son dunha chamada entrante ata calquera aviso de notificacións, alarmas ou outros.



2. APLICACIÓNS RELACIONADAS CA SAÚDE:

· SAÚDE MÓBIL: Aplicación oficial do servizo galego de saúde, citas médicas, expedientes, mensaxes, actualidade, e-saúde, redes sociais...



· CITA SERGAS: Aplicación non oficial para solicitar, consultar e eliminar citas médicas en Galiza.



· MEDISAFE: esta app pode resultar moi práctica para tódolos usuarios que deben tomar algún medicamento, pois lémbrache a través dunha alarma cando tes que tomar os teus medicamentos, ademais permíteche levar un control sobre a túa saúde e evitar erros.



· PRESIÓN ARTERIAL - MEDIDOR: é unha app para previr problemas de hipertensión ou melloralos se xa os padecemos. Con ela podemos dispoñer dun informe co seguimento que nos proporciona o noso médico así como follear o desenvolvemento da nosa presión arterial



· DIARIO DE PESO: unha app especialmente fácil de usar e que pode ser moi útil sobre todo para as persoas que deben controlar o seu peso. Realiza un control do peso ideal de cada usuario e tamén nos aconsella sobre como lograr os nosos obxectivos.



· MYSUGR-DIARIO DE DIABETES: Con ela, podes facer un seguimento dos medicamentos e insulina, así como levar un control preciso e un seguimento dos niveis de azucre.



· PODÓMETRO-CONTADOR DE PASOS: permite levar un control detallado da distancia que se percorre cada, o número de calorías que se consomen e como se axusta a actividade física a un plan de exercicios que previamente podemos configurar.



3. APLICACIÓNS DE EMERXENCIAS, AXUDA E LOCALIZACIÓN

· EMERGENCIA: app moi útil que permite poñernos en contacto rapidamente cos teléfonos de emerxencia da policía, a ambulancia ou os bombeiros desde calquera país para sentirnos seguros ante calquera adversidade.



· SAFE365: aplicación que permite xeolocalizar a unha persoa para coñecer o seu estado, con ela podemos enviar un aviso aos servizos de rescate e eles atoparanche facilmente pois recibirán a túa posición GPS.



· BEPREVENT: Seguimento de rutinas e hábitos diarios dun familiar. Etiquétanse obxectos de uso habitual para que estes reporten datos de forma periódica aos familiares e coidadores.



4. APLICACIÓNS DE XOGOS OU AXILIDADE MENTAL:

· LUMINOSITY: App especializada no adestramento cognitivo. Contén unha longa lista de minixogos pensados para desenvolver a nosa memoria de maneira gradual a través de distintos niveis.



· CODYCROSS-CRUCIGRAMAS: Todo tipo de crucigramas para combater o aburrimento, con distintos niveis para ir mellorando o noso vocabulario e poñernos a proba.



· CHESS FREE: Unha aplicación para entreter e manter esperta a mente, serve para xogar as partidas de xadrez que un desexe de forma gratuíta.



· ENTRENA TU CEREBRO: Xogos de memoria para a estimulación cognitiva e o adestramento da memoria.



5. OUTRAS APLICACIÓNS ÚTILES:

· MAISBUS: Aplicación sobre a rede de autobuses de Santiago de Compostela, Paradas, estimación de chegadas, liñas, incidencias...



· LINEA VERDE: Aplicación de participación cidadá, incidencias e consultas medioambientais.



· SHERPA ASSISTENT: App que aprende dos teus gustos e ofréceche información personalizada do que che interesa.



· INKPAD: Aplicación de notas, para ter todo ordenado e non esquecernos de nada. Sinxelo, elegante e fácil de usar.



· RADIOS DE ESPAÑA: permite acceder a unha ampla listaxe de emisoras e programas de radio desde unha soa aplicación. Dispón de interesantes opcións como o temporizador de aceso e apagado, escoitar a emisora favorita da súa cidade, aínda que estean lonxe, crearse a súa propia lista de favoritos…



· STORYTEL: ampla biblioteca onde poderás atopar miles de audiolibros, onde ademais poderás engadir notas, filtrar por categorías ou idiomas ou recomendalo aos teus amigos.



· SENIOR MATCH: Esta aplicación está pensada para persoas maiores de 50 anos que queiran compartir experiencias, facer viaxes, coñecer a xente ou atopar un novo amor.




Fontes:
Androidspain
Androidsis
Emiliano
Elandroidelibre
Photo by Leon Seibert on Unsplash

Comentarios