CURSO DE ANDROID PARA MÓBILES. LECCIÓN 7
INSTALAR E DESINSTALAR APLICACIÓNS.

Instalar aplicacións.
Desinstalar aplicacións.
Que facer cas aplicacións de sistema?
Todo o que se fai dende noso móbil e que o converten nunha ferramenta tan práctica, útil e funcional débese as aplicación que temos instaladas no dispositivo. As aplicación (Apps) son programas que permítennos realizar unha ou varias actividades co uso do móbil. Hai infinidade de aplicacións con funcionalidades do máis diversas, que facilitan a nosa vida e que son fantásticas: chamar e recibir chamadas, navegar por internet, reservar habitacións, redes sociais, pedir citas, consultalo tempo, ver vídeos, alarmas, lanterna, ver horarios, xogar, enviar mensaxes… é imposible dicir todas as aplicación que podemos atopar.
Tódolos dispositivos teñen instaladas de fabrica un conxunto de aplicacións que satisfagan as necesidades mais habituais dun usuario de móbiles. Aínda así sempre podemos precisar algunha cousa nova ou máis específica, co cal aprenderemos a instalar aplicacións para contar con ferramentas de uso diario e sacarlle o máximo rendemento o noso smartphone. Ademais tamén verémolo procedemento que debemos seguir para desinstalar apps que xa non vaiamos necesitando e así non acumular na memoria do dispositivo as que non queiramos.
1. INSTALAR APLICACIÓNS
O noso consello e facelo sempre dende a tenda oficial, a aplicación de Google Play Store, a cal permite descargar e instalar aplicacións dende o teu móbil. Moitas aplicacións de gran utilidade son gratuítas, pero hai outras que son de pago, aconsellámosche que antes consultes e probes as gratuítas.Para instalar unha aplicación nos nosos dispositivos, o primeiro e pulsar a icona de Play Store que vén por defecto preinstalado e poderemos acceder.
Unha vez dentro debemos atopala aplicación desexada, podemos optar por buscar entre as máis populares, ou buscar por xogos, películas, música, ou ordenadas por categorías. A forma máis sinxela é poñer o nome da aplicación que queremos na barra de procura na parte de arriba, é alí onde deberás de escribir o nome da app que necesitas instalar no teu móbil, por exemplo “cita Sergas”, pulsas na lupa ou en buscar e despregarase a aplicación oficial na parte de abaixo, ademais dalgunhas outras que serven como complementos para ela ou simplemente que teñen algún tipo de relación coa procura.
![]() |
![]() |
Tras iso debes de pulsar sobre a aplicación que desexes e verás un menú con todas as características coas que conta a app que seleccionaches.
Poderás observar un botón coa palabra “Instalar”, deberás premelo, a continuación terás que aceptar as condicións de uso da cada aplicación. Google Play Store sempre vai tentar que metamos a nosa tarxeta de crédito ou conta PayPal, como non nos interesa de momento comprar nada, cando vexas este paso, darlle a «Saltar» ou «non grazas»
A app iniciarase a descarga e tras iso aparecerá na pantalla dous botóns “desinstalar” ou “abrir”, se lle damos a abrir accederemos directamente a aplicación. Unha vez instalemos calquera aplicación poderemos acceder a ela pulsando na icona que aparecera na pantalla principal do noso móbil ou accedendo o almacén de aplicacións.
![]() |
![]() |
2. DESINSTALAR APLICACIÓNS.
Pero, e se non me gusta a aplicación que descarguei? Non hai problema, podemos desinstalala de diversas formas:Dende os axustes de Android: a forma que sempre está presente, sexa cal for o modelo de móbil. Podes quitar tódalas apps de usuario e, polo xeral, inhabilitar as aplicacións de sistema. O proceso é o seguinte:
Entra nos axustes do teu Android e busca a opción «Aplicacións».
![]() |
![]() |
Busca entre todas as aplicacións instaladas aquela que desexes quitar. Entra nas súas opcións pulsando sobre a aplicación e aperta en «Desinstalar».
![]() |
![]() |
No caso de que a aplicación sexa de sistema é probable que che apareza un «Desactivar» ou «Inhabilitar»: pulsando aí a aplicación non se elimina, pero si deixa de funcionar. Algo práctico se queres aforrar batería, por exemplo.
Manter pulsada a icona de aplicacións: este método tamén adoita ser universal, aínda que pode ocorrer que non estea incluído no teu móbil. Ou que funcione de maneira algo diferente, cada marca executa as opcións básicas á súa maneira.
Só tes que manter pulsado sobre unha aplicación e verás que aparece un menú con varias opcións, como «Eliminar aplicación» ou «Desinstalar»
Outras veces pulsas a icona e despois arrastras o acceso directo a «X» se che aparece ou, se non, na «i» para acudir aos axustes da app. Alí poderás desinstalala.
Dende a Google Play Store: A tenda de aplicacións Android permíteche instalar novo software e tamén desinstalar o que xa teñas instalado. É un proceso sinxelo ao que se pode acceder da seguinte maneira:
Entra na Google Play, desprega o menú lateral e ve ata «As miñas aplicacións e xogos».
Ve á pestana «Instaladas».
Busca as aplicacións que desexes eliminar da túa Android e entra nas súas opcións.
Aparecerá a mensaxe de « Desinstalar» xusto á beira do «Abrir». Pulsa o primeiro e listo.
Usando unha aplicación: Pódese instalar unha aplicación para desinstalar aplicacións, non a explicarei porque non é necesario e parece un pouco absurdo, a vantaxe que tería sería para desinstalar varias aplicacións de golpe e non ter que ir de unha en unha.
3. QUE FACER CAS APLICACIÓNS DE SISTEMA?
Podemos atoparnos con dous tipos de, aplicacións normais que podemos instalar e desinstalar sen ningún tipo de problema. E as coñecidas por aplicacións de sistema, as cales teoricamente non podemos desinstalala dun modo convencional ou directamente, e terían un tratamento diferente.Para desfacernos delas xa comentei a posibilidade de desactivalas e as vantaxes que ten, pero seguirían instaladas e visibles, se non queremos iso temos dúas opcións que mencionarei pero que non explicarei porque merecerían unhas leccións aparte e conteñen riscos o facelas:
Necesitas ser usuario ROOT.
Outra forma sen necesidade de permisos de administración: Ver