CURSO DE ANDROID PARA MÓBILES. LECCIÓN 6

CÁMARA E GALERÍA DE FOTOS

CONTIDOS:
Cámara de fotos e vídeo
Galería de fotos e vídeos
Eliminar e compartir fotos e vídeos.

1. CAMARA DE FOTOS E VÍDEO

Ademais de realizar e recibir chamadas o noso teléfono móbil tamén ten as opcións de cámara de fotos e cámara de vídeo. A ambas accédese desde a icona da cámara de fotos que aparece no menú principal. Tanto a cámara de fotos como a cámara de vídeo ofrécenos diferentes opcións como a de voltear a cámara para enfocarnos a nós mesmos, o flash para iluminar na escuridade e a posibilidade de retocar as nosas fotos ou vídeos ou de incluír efectos especiais. A configuración da opción da cámara pode variar dependendo dos terminais.

Para empezar a utilizala cámara debemos pulsala icona que estará na pantalla principal ou no almacén de aplicacións.


Seleccionar modo foto: para facela foto enfocamos o que queremos fotografar e prememos sobre botón principal unha vez(o botón máis grande e normalmente redondo, situado no medio na parte inferior do dispositivo)

Seleccionar modo vídeo: para gravar un vídeo debemos premer sobre o mesmo botón unha vez (neste caso o botón soe aparecer cun punto vermello no medio), darémonos conta de que estamos gravando porque aparecerá un código de tempo que indícanos a duración da nosa gravación. Para finalizar o noso vídeo debemos premelo mesmo botón e a gravación deterase.

Cando seleccionamos o modo vídeo ou foto, aparécenos un menú de opcións diferentes que podemos aplicar a nosa fotografía ou vídeo. Como sempre as opcións poden variar dependendo do modelo de teléfono móbil do que dispoñamos. Algúns exemplos máis comúns destas opcións poden ser:
  • Seleccionar cámara dianteira ou traseira.
  • Activar ou desactivar o flash.
  • Agregar efectos a fotografía.
  • Temporizador de fotos.
  • Botón de axustes onde poderemos afondar outros valores ou opcións específicas da cámara.
No caso de querer visualizalas fotos e vídeos que acabamos de realizar hai un unha icona, ó lado do botón de sacala foto, onde aparece a última fotografía ou o último vídeo que sacamos, se o pulsamos accederemos a tarxeta de memoria onde poderemos ver, eliminar ou compartir as fotos e vídeos.



2. GALERÍA DE FOTOS E VÍDEOS

Dentro do noso smarthphone temos unha aplicación onde se almacenan todas as fotos e vídeos que realizamos ou recibimos no noso dispositivo, independentemente da vía pola que entren no noso móbil. Esa aplicación chámase galería, e resulta moi útil posto que permítenos acceder e xestionar todo o materia gráfico directamente, e dicir podemos enviar ou eliminar moitos arquivos directamente sen ter que dirixirnos a cada aplicación.


Accedemos a galería premendo na icona de galería.

Unha vez dentro podemos seleccionar se queremos ver os nosos arquivos nunha orde cronolóxica, e dicir ó más recente aparecerá antes e deslizándonos pola pantalla poderemos ir retrocedendo para localizar fotos e vídeos máis antigos.

Ou podemos seleccionar albumes e ver os arquivos divididos en función das aplicacións dende onde recibimos esas fotos ou arquivos, whatsapp, a cámara de fotos…

Pulsamos enriba da foto ou vídeo e ampliarase na pantalla.

3. ELIMINAR OU COMPARTIR FOTOS E VÍDEOS.

Eliminar arquivos de fotos e vídeos: para que as fotos e vídeos que realizamos ou recibimos nos nosos dispositivos deixen de ocupar espazo na tarxeta de memoria temos que borrar.

Para iso entramos na galería.

Seleccionamos a foto ou vídeo, se pulsamos encima verémolo en grande.

Pulsamos na icona con forma de papeleira, normalmente o móbil solicita unha confirmación para eliminar o arquivo.

Cando eliminamos un arquivo hai que ter en conta se o eliminamos definitivamente (no o podemos recuperar) ou se a desprazamos a papeleira de reciclaxe.

Neste caso poderemos recuperalo (durante un tempo determinado) seleccionamos a foto dentro da papeleira e pulsamos en restablecer pero non liberamos espazo no móbil. Para liberar espazo temos que entrar na papeleira e baleirar o seu contido.


Compartir arquivos: temos a opción de enviar fotos e vídeos a quen nos queiramos e poder compartir con eles o que nos apeteza.

Temos que entrar na galería.

Seleccionar a foto e o vídeo, pulsar encima.

Cando apareza en grande na nosa pantalla buscar a icona de compartir ou enviar.

O dispositivo preguntaranos a través de que aplicación queremos enviar ou compartir (whatsapp, gmail, telegram...) Seleccionamos a aplicación

O seguinte paso e elixir a quen llo enviamos, para iso aparecerá o listado de contactos que temos rexistrado no móbil eliximos un contacto ou varios.

Dámoslle a seguinte, seguramente solicite un último paso de confirmación.


Observacións:

Podemos seleccionar, para eliminar ou enviar, varias fotos ou vídeos simultaneamente. Para iso en vez de pulsar unha soa vez un ha foto ou vídeo, mantemos pulsado esa foto ou vídeo durante un segundo ou dous aproximadamente ata que apareza unha marca encima da foto ou vídeo, a partir de aí só teremos que ir marcando cada unha das fotos ou vídeos que queiramos seleccionar. Unha vez seleccionado todo, dita selección funciona coma un elemento único e a orde que lle indiquemos, eliminar ou seleccionar, aplicarase a tódolos arquivos seleccionados.




Photo by Leon Seibert on Unsplash