CURSO DE ANDROID PARA MÓBILES. LECCIÓN 5
CONEXIÓN A REDES E USO DE INTERNET.
CONTIDOS:Conexión a internet
Uso de datos móbiles
Conexión a Wifi
Navegar por internet
Accedre a conta de gmail
1. CONEXIÓN A INTERNET
Os teléfonos móbiles ou smartphones, non son unicamente teléfonos portátiles con máis funcións. O seu funcionamento e prestacións achéganse máis a un pequeno ordenador, onde realizar e recibir chamadas e só unha aplicación máis entre moitas. Para acceder co smartphone a Internet, descargar programas e sacar todo o partido ao terminal, requírese unha conexión a Internet.Hai dúas formas de estar conectado. Unha é vía wifi e a outra por tecnoloxía 4G 5G, o que se coñece por datos móbiles que é a que facilita o noso operador de telefonía mediante a tarxeta SIM, a que nos permite conectarnos en calquera lugar con cobertura.
Sinalar que ambas opcións son complementarias, e dicir, podemos ter activadas as dúas opción a vez, é o propio dispositivo móbil o que xestiona cal vas a utilizar en cada momento no caso de ter dispoñibles as dúas. Se só dispós de datos móbiles usará datos móbiles; se só tes acceso a wifi usará a conexión de wifi; e no caso de que teñas acceso os dous modos de conexión a internet o móbil automaticamente seleccionará a conexión wifi, porque non consume datos e porque considérase que é máis estable e permite mellor transferencia de información.
2. USO DE DATOS MÓBILES
O uso de datos é a cantidade de datos que sobe ou descarga o teu teléfono de internet ó utilizar datos móbiles. Atención, porque se tes unha tarifa limitada de datos contratada ca túa compañía no caso de chegar ó límite os operadores aplican unha restrición por defecto, reducir a velocidade a mínimos xustos e desta maneira asegurar que non se cobra nada adicional para evitar sustos na factura (o caso máis habitual) ou pode ser o cobro do exceso de datos a cambio de manter a velocidade (o menos habitual), se tes un contrato de datos ilimitados xa non terías problemas).Para aforrar datos móbiles, podes desactivar o acceso a eses datos. Se o fas, só poderás utilizar Internet cando te conectes a unha rede wifi.
Pulsamos a icona de axustes do teu teléfono > tocamos en conexións > uso de datos > datos móbiles, marcamos ou desmarcamos.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Para asegurarche de que non utilizas demasiados datos do teu plan, podes comprobar e cambiar o uso de datos.
· Pulsamos a icona de axustes do teu teléfono > tocamos en conexións > uso de datos > uso de datos móbiles.
· Para seleccionar un período, toca a frecha cara abaixo.
· Para ver cantos datos utiliza cada aplicación, consulta a información que aparece debaixo do gráfico
Consello: se viaxas o estranxeiro, consulta o gasto de datos móbiles, e de ser o caso desactiva ou non o acceso ós datos móbiles
3. CONEXIÓN A WIFI
Se en casa ou noutros lugares nos que esteamos habitualmente (biblioteca, bar, centro sociocultural...) temos unha conexión a Internet con rede sen fíos, wifi por medio dun router, podemos aproveitala para conectarnos co noso móbil.Pode parecer complicado pero é moi sinxelo, para habilitar wifi:
Pulsamos a icona de axustes do teu teléfono > tocamos en conexións > podemos habilitar ou deshabilitar wifi movendo a pestana.
![]() |
![]() |
![]() |
Pulsamos a icona de axustes do teu teléfono > tocamos en conexións > pulsamos enriba da palabra wifi (aparece a lista de redes wifi dispoñibles) > seleccionar o nome da rede wifi que queremos > introducimos o contrasinal utilizando o teclado > pulsamos en conectar.
![]() |
![]() |
Ó introducir o contrasinal debemos ser moi exactos e conservar as maiúsculas, minúsculas e símbolos tal e como aparecen ou nos indiquen. Cando introducimos o contrasinal non vemos que caracteres estamos introducindo, isto faise por seguridade. Hai unha apartado que di “mostrar contrasinal” (pode ser un debuxo dun ollo) se o marcamos poderemos ver os caracteres que estamos marcando.
No caso de estar en casa e non sabemos cal é a nosa rede nin o contrasinal, miraremos debaixo do router e alí hai un adhesivo onde aparece indicado o nome da rede e o contrasinal. Se o caso e que estamos nun local ou noutro lugar con wifi, deben facilitarnos o nome da rede e o contrasinal da mesma.
Para saber que estamos conectados a unha rede wifi debemos ver a icona na barra de estado do noso móbil, as liñas resaltadas indicaranos a potencia de conexión que temos a esa rede:
Importante: Cando introduces o contrasinal dunha rede por primeira vez, esa clave quedará gardada na memoria do teu móbil automaticamente, e dicir, xa non fará faltar volver a repetilo proceso para conectarse a esa rede outra vez e por tanto a partir da primeira vez o móbil xa se conecta el só a esa rede wifi.
4. NAVEGAR POR INTERNET
Para acceder a Internet dende o noso dispositivo móbil debemos utilizar un navegador (aplicación que permite conectarnos a rede). Hai moitos navegadores diferentes, de feito seguramente o teu móbil teña instalado de fábrica como mínimo dous navegadores, un propio da marca do teléfono e outro propio de Android. Como estamos traballando con móbiles Android o noso navegador predeterminado é “Chrome”. Este navegador que está en tódolos móbiles Android, ademais de presumir ser o máis utilizado do mundo, é moi sinxelo de utilizar, co cal será o que explicaremos para poder acceder a Internet.Para entrar en Internet a través de Chrome o primeiro que hai que facer é:
· Prememos na icona de Chrome na nosa pantalla.
· Unha vez dentro, pulsar na barra superior do navegador (rectángulo en branco).
· Cando apareza o teclado escribimos o que necesitamos buscar.
· Pulsamos o símbolo da lupa ca nosa busca escrita ou o botón ir no teclado.
· Sairanos un despregable cunha lista de enlaces de páxinas relacionadas ca nosa busca.
· Pinchamos no enlace que queremos e accederemos a páxina correspondente.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
5. ACCEDER A CONTA DE GMAIL
Dende o teu móbil tamén podes acceder a túa conta de correo electrónico, recibir, revisar, escribir e-mails do mesmo xeito que se o fixeras dende un ordenador.Ó ter un dispositivo Android deberías ter creada unha conta de gmail e ter esta conta asociada o teu móbil. De tódolos xeitos vamos a aprender a configurar ou a crear nosa conta de correo electrónico:
· Pulsar sobre a icona “Gmail”
· Escoller a opción “Crear conta” para configurar unha conta nova ou introducir os teus datos se xa tes unha conta feita.
· Se escollemos “Crear conta” introduciremos os datos que nos piden nos cadros de texto escribindo co teclado que aparecerá, e posteriormente pulsando sobre o botón “seguinte”.
· Continuar pulsando en “seguinte” para pasar pantallas e introducir os datos que nos pidan: contrasinal, pregunta de seguridade, etc.
· Para terminar, pulsar unha última vez sobre o botón de “seguinte”.
![]() |
![]() |
Unha vez realizados estes pasos ou se xa tiñas unha conta, para acceder a ela só hai que pulsar na icona de Gmail, e abriras unha pantalla dende onde poderemos comprobar a nosa bandexa de entrada e redactar correos novos.
Escribir un correo é moi fácil:
· Pulsamos na icona “+”
· Abrirase unha pantalla onde teremos que introducir a dirección de correo electrónico do destinatario (tamén poderás acceder á axenda de contactos e importar o contacto desexado), o título ou asunto da mensaxe e a continuación a mensaxe onde di “escribe un correo”.
· Para enviar a mensaxe só temos que premer na icona con forma de triangulo que está na parte superior dereita.
Para abrir un correo recibido simplemente temos que abrir a aplicación de Gmail e premer encima da mensaxe que queremos revisar.
![]() |
![]() |
![]() |
Fontes:
Androidsis
Emiliano
Segg
Zaragoza
Photo by Leon Seibert on Unsplash