CURSO DE ANDROID PARA MÓBILES. LECCIÓN 4

CHAMADAS E CONTACTOS

CONTIDOS:
Realizar chamadas
Opcións dentro da chamada
Recibir chamadas
Gardar números en contactos
Bloquear contactos

 1.    REALIZAR CHAMADAS

A pesar da cantidade de cousas que podemos facer cun móbil non hai que esquecerse que a súa función esencial e realizar chamadas. Para facelo o primeiro é buscar a icona de chamada que normalmente esta na pantalla principal. Busca unha icona como esta ou similar
 
Despois aparecera unha pantalla onde deberemos elixir como chamar, dependendo do móbil cada pantalla ten as súas peculiaridade, máis todas teñen as mesmas opcións:


•    Teclado: Se queremos introducir un número manualmente pulsamos onde di teclado, aparece un teclado numérico para que poñas o número de teléfono ao que queres chamar e finalmente pulsas a icona verde de chamar. Cando se inicia a chamada o debuxo do teléfono cambia a vermello. Se premes na icona vermella, colgas a chamada.
•    Contactos: na pantalla aparecen tódolos nosos contactos ordenados alfabeticamente. Buscamos a quen queremos chamar e pulsamos enriba del,  automaticamente realizase a chamada ou pode ser que haxa que volver a pulsar o botón verde de chamada.
•    Rexistro ou recentes: este apartado é un rexistro de tódalas chamadas entrantes, saíntes, perdidas que se executaron dende ese dispositivo, proporcionando todo tipo de información, hora, duración, data...se pulsas nun deses contactos realizaras unha chamada como no caso anterior. Sinalar que dende aquí tamén se poden engadir números a axenda ou lista de contactos como xa explicaremos no seguinte punto.

2.    OPCIÓNS DENTRO DA CHAMADA

Mentres estamos realizando a chamada  a pantalla cambia e temos varias opcións entre as que destacaremos as seguintes:

•    Altofalante: o pulsar este botón a chamada escoitarase en alto e poderán oír e falar máis persoas, coñecido como mans libres. Para desconectar esta opción e volver a escoitala chamada coma antes vólvese a pulsar o mesmo botón.
•    Teclado: O pulsar este botón o móbil móstranos un teclado, moi útil cando nos preguntan por opcións asociadas a números, por exemplo pulsar o número 1 se queremos se atendido en galego. Para desactivalo teclado volvese a pulsalo mesmo botón
•    Silenciar: con este botón silenciamos o micrófono e a persoa que esta no outro lado do teléfono non poder escoitarnos, Para desconectar esta opción vólvese a pulsar o mesmo botón
•    Finalizar: Con esta chamada colgamos e cortamos a chamada.
•    Engadir chamada: Permítenos gardar na axenda o teléfono dende onde nos están chamado mentres estamos falando.
Comentar unha cousa importante, mentres estamos falando por teléfono podemos realizar outras tarefas no móbil, buscar un contacto, mirar internet, mandar un whatsapp... Simplemente temos que pulsar o botón principal que está abaixo e no medio e iremos a pantalla inicial, a partires de aí xa podemos elixir que facer mantendo a conversa telefónica. Isto pode ser moi útil en determinadas circunstancia.

3.    RECIBIR CHAMADAS

Cando recibimos unha chamada, na pantalla apareceranos o número dende onde nos chaman ou o nome de quen nos chama se temos o número gardado na axenda. Aparecen dúas iconas un vermello e outro verde, se queremos contestala chamada pulsamos no boten verde ou deslizamos co dedo este botón, no caso de que non queiramos ou non podemos contestar facemos o mesmo pero co botón vermello. O contestala chamada pantalla será exactamente igual a como vimos no apartado anterior a hora de realizar chamadas.
En caso de que non escoitemos a chamada ou non podamos contestar, quedara rexistrada a chamada perdida. O móbil avisaranos de dúas formas, ou cun aviso na barra de notificacións (esquina superior dereita) ou ben cun número encima da icona de teléfono que temos na pantalla do móbil. Se pulsamos en calquera dos dous sitios recibiremos a información desa chamada perdida, quen e cando nos chamou, e evidentemente poderemos devolvela chamada.

4.    GARDAR NÚMEROS EN CONTACTOS

Outra das operacións básicas dos teléfonos móbiles actuais e a xestión dos contactos que gardamos na axenda. A lista de contactos funciona como a nosa guía de teléfonos particular, aforrándonos o traballo de memorizar e teclear os teléfonos dos nosos contactos máis habituais ou permítenos gardar números que quizais precisemos usar dentro de moito tempo.
Para introducir un contacto novo pódese facer de varias formas (ademais hai que ter en conta as peculiaridades de cada modelo de móbil):
•    Pulsando a icona verde de telefono coma se fósemos facer unha chamada: na pantalla do teléfono  ten  que aparecer no menú un apartado que poña teclado, pulsaremos e cando aparezan os números do teclado introducimos o número de teléfono, unha vez posto o número pulsamos en “engadir contacto”, “crear contacto”, “novo contacto”, e teremos que escribilo nome do contacto e pulsar finalizar ou gardar.

 
•    Pulsando a icona de axenda ou contactos: moi parecido a anterior, neste caso unha vez pulsada a axenda aparécenos o listado completo de contactos, nalgún sitio do menú ten que poñer “engadir contacto”, “crear contacto”, “novo contacto”, nalgúns móbiles simplemente aparece o símbolo de “+”, pulsamos o que corresponda no noso dispositivo e despois e suficiente con escribilo nome de contacto e o seu número de teléfono, confirmamos a acción clicando en gardar, listo...
•    Despois de recibir unha chamada, é a forma mais habitual  de agregar novos contactos, o propio teléfono da a opción de engadir o número a axenda, “engadir contacto”, “crear contacto”, “novo contacto”, neste caso só habería que indicalo nome asociado  e gardar ou confirmala acción.
•    Parecido o anterior e ir a chamadas pulsar no menú onde diga rexistro de chamadas seleccionamos o número que queremos gardar, mantendo pulsado e a continuación o proceso e coma no caso anterior, “engadir contacto”, “crear contacto”, “novo contacto”, neste caso só habería que indicalo nome asociado e gardar ou confirmala acción.
•    Modificar un contacto que temos gardado, para iso imos a icona de axenda ou contactos, buscamos aquel que queremos modificar, o seleccionamos e dámoslle á opción de editar, apareceranos toda a información dese contacto e alí borramos, engadimos, corriximos o apartado que nos interese e gardamos ou confirmamos os cambios

5.    BLOQUEAR CONTACTOS

Tamén temos a opción de bloquear un número dunha persoa que non queredes que vos moleste ou de calquera número descoñecido. Antes era máis complicado pero hoxe en día pódese facer facilmente dende o noso propio teléfono móbil, como sempre hai diferencias dun modelo a outro, pero as variacións son mínimas.
Abrimos a aplicación de Teléfono, tocamos no botón de opcións , no menú despregable eliximos axustes, buscamos onde pon “Bloquear números”, unha vez aquí podemos escribilo número que queremos bloquear, ou se queremos bloquear algún contacto que teñamos na axenda eliximos en contactos. Tamén temos a opción de bloquear tódolos números descoñecidos que non teñamos na axenda.

Photo by Leon Seibert on Unsplash