CURSO DE ANDROID PARA MÓBILES. LECCIÓN 3

MENÚS E PERSONALIZACIÓN

CONTIDOS:
Personalización da pantalla principal
Acceso ás aplicacións
Uso dos menús

1. PERSONALIZACIÓN DA PANTALLA PRINCIPAL

A pantalla principal é o punto de inicio para acceder a todas as características mediante movementos simples na pantalla táctil. Está composta por varios paneis (deslice os dedos en sentido horizontal para cambiar entre paneis). Os elementos principais que podemos atopar son:


Aplicacións: unha aplicación é un programa informático deseñado como ferramenta para permitir a un usuario realizar un ou diversos tipos de tarefas.
O almacén de aplicacións (Laucher): ábrese dende a pantalla principal, contén as iconas de tódalas aplicacións do teu móbil incluídas tódalas aplicacións que descargues e instales dende Play Store.
Widgets: é unha pequena aplicación ou programa. Entre os seus obxectivos están dar fácil acceso a funcións frecuentemente usadas e prover de información visual.
Cartafol: é un contedor virtual no que se almacenan unha agrupación de arquivos, aplicacións ou outras carpetas.
Barra de estado: divídese en iconas de estado, mostra información de estado do teléfono, incluíndo a hora, potencia do sinal, estado de batería; e iconas de notificación, lugar onde aparecen as notificacións do teu móbil, onde adoitas consultar se tes algo pendente, como mensaxes sen ler en WhatsApp ou novas interaccións nunha rede social.
Para engadir unha icona de aplicación á pantalla principal, mantén pulsada a icona da aplicación correspondente situada no almacén de aplicacións ata que vibre e pareza que a colles, a continuación, arrástraa a unha localización da pantalla principal.
Para engadir widgets ou cambialo fondo da pantalla podes facelo dende a pantalla principal, pulsa nun sitio vacío da pantalla e despois elixe a opción que desexes.
Como mover un elemento na pantalla principal
Busca o elemento que desexas mover (unha aplicación, un acceso directo un widget, unha carpeta...) mantén pulsado dito elemento ata que vibre e pareza que . Non levantes o dedo.
Arrastra o elemento a unha nova localización da pantalla. Faixe unha pausa no bordo esquerdo ou dereito da pantalla para arrastrar o elemento a outro panel da pantalla principal. Cando o elemento sitúase no lugar que desexes colocalo, levanta o dedo.
Como eliminar un elemento da pantalla principal
Mantén pulsado o elemento que desexes eliminar ata que vibre. Non levantes o dedo. Aparecera a icona dunha papeleira ou poñerá eliminar nalgún sitio. Arrastra o elemento ata a icona de papeleira.
Como cambiar o fondo de pantalla da pantalla principal
Pulsa a tecla de menú e toca a opción Fondo de pantalla. Podes seleccionar Fondo de pantalla animado, Fotografías ou Galería de fondos de pantalla. Selecciona o que desexes toca gardar ou establecer fondo de pantalla.
Como cambiar o nome dun cartafol
Toca o cartafol para abrila. Mantén pulsada a barra de título da xanela do cartafol. Introduce o novo nome no cadro de diálogo que aparece.

2. ACCESO ÁS APLICACIÓNS

Para abrir a unha aplicación soamente hai que pulsar e soltar suavemente encima da icona e esta sa empezara a funcionar.
Ao abrir unha aplicación, ábrese a súa pantalla, pero non se detén a aplicación anterior; esta segue en funcionamento: reproducindo música, representando unha páxina web, etc. (Isto é o que chamamos Multitarefa)
Podes alternar rapidamente entre as aplicacións que teñas abertas para traballar con varias á vez. Android e tódalas aplicacións funcionan de forma conxunta para garantir que as aplicacións que non esteas a utilizar non consuman recursos de forma innecesaria tendo que detelas e inicialas segundo sexa necesario (non é necesario saír dunha aplicación cando non a esteas utilizando).

3. USO DOS MENÚS

Hai dous tipos de menús de Android:
Menús principais
Menús contextuais
Menús principal: Os menús principais conteñen ferramentas que se aplican ás actividades da aplicación ou a pantalla actual, non a un elemento específico da pantalla.
As opcións aparecen directamente cando se abre a aplicación; Algunhas pantallas teñen máis elementos dos que caben no menú principal. Para abrir os menús de elementos adicionais, toca o botón de opcións sinalado normalmente con tres puntos ou liñas verticais.

Menús contextuais: Os menús contextuais conteñen ferramentas que se aplican a un elemento específico da pantalla. Para abrir un menú contextual, mantén pulsado un elemento da pantalla. Non todos os elementos teñen menús contextuais. Se mantés pulsado un elemento que non teña menú contextual, non ocorrerá nada.


 Photo by Leon Seibert on Unsplash